Comezaremos falando do TEMA 1, que trata o marco de referencia da orientación laboral aberta, no que aprendimos que as políticas activas de emprego dependen do SPEG, xa que as competencias das pasivas residen no SEPE. Sabendo isto, é evidente a existencia da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral.
![]() |
| Organigrama da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral. Fonte: Xunta de Galicia |
Evidentemente as políticas activas de emprego están directamente relacionadas cos servicios que ofrece a orientación laboral, e por iso mesmo estudamos a súa importancia de forma introductoria aos seguintes módulos. Entre estudado con respecto a isto cabe destacar a labor do orientador coma facilitador, o cal marca uns obxectivos en canto a inserción laboral e promoción profesional seguindo os principios básicos de indidualización, flexibilidade e procura de autonomía.
Con respecto á intervención do orientador, podemos basarnos nun modelo didáctico, enfocado a persoas que unicamente requiren información para entrar no mercado laboral; nun modelo de asesoramento, pensado para persoas que buscan axudas en canto a tomas de decisión cara o seu futuro profesional ou as que están dispostas a realizar un IPI; ou nun modelo centrado en recursos, para persoas desmotivadas ou que levan moito tempo en desemprego.
Para finalizar este tema, introducímonos directamente na perspectiva de xénero na orientación laboral, aprendendo, primeiramente, a diferenciar entre sexo e xénero; e conceptuando a raíz disto a perspectiva de xénero. A continuación coñecemos a realidade laboral das mulleres en cuanto ás diferentes discriminacións que xurden no ámbito profesional.
No TEMA 2, estúdamos o mercado laboral, conceptuando primeiramente oferta e demanda de traballo e observando as curvas para coñecer o punto de equilibrio.
Introducímonos tamén no estudio do paro e cómo o maior ou menor intervencionismo inflúe na demanda ou oferta de emprego, ademáis vemos que efectos ten para todos os implicados no mercado laboral.
Conceptuamos diferentes indicadores como son a taxa de actividade, paro ou emprego e a continuación móstransenos os catro tipos de desemprego que hai:
- Paro estructural
- Paro friccional
- Paro estacional
- Paro cíclico
Como reflexión persoal en este tema, creo que en España hai un problema de base do mercado laboral que provoca un paro estrutural notablemente alto. Unha economía que basa unha grande parte do seu éxito en dous sectores (construcción e hostelaría/turismo) é unha economía débil, xa que calquer continxencia pode acarrear unha baixada importante dende o punto de vista do crecemento. Por outro lado, creo que unha reducción de dúas horas na xornada laboral (de 8 a 6 horas diarias) sen que se vexan reducidos os salarios podería ser unha boa medida para diminuir o paro estrutural. Pasaría de haber de 3 a 4 xornadas de traballo, insertando necesariamente a desempregados no mercado laboral para cubrir a nova, e potenciaríase a economía xa que, debido ao aumento de traballadores sen baixada de salario, aumentaría o consumo. Con respecto aos fondos da Seguridade Social, aumentarían notablemente debido ao aumento da poboación cotizante, e a correspondente baixada de beneficiarios de prestacións, sen necesidade de seguir aumentando a idade de xubilación, medida que de feito impide a incorporación de xóvenes ao mercado de traballo.
En canto o TEMA 3, poñémonos en contacto coas certificación e formación profesional. Para poder realizar unha boa análise, comezamos diferenciando e confectuando “Cualificación profesional” e “Competencia profesional”. A continuación desmigamos a estrutura de cualificación profesional, da unidade de competencia e do módulo formativo.
Despois de ter isto claro coñecemos e ver o Sistema Nacional de Cualificacións Profesionais, o Instituto Galego de Cualificacións e o contexto europeo en cuanto a estas cualificación; adentrámonos nas acreditacións de competencias, nos certificados de profesionalidade e na formación para o emprego.
En canto ás acreditacións de competencias, conceptuamos, coñecemos os requisitos para a súa poder participar do procedemento e o procedemento en sí.
![]() |
| Modelo de acreditación de Unidades de Competencia. Fonte: Xunta de Galicia |
No que respecta aos certificados de profesionalidade, conceptuámolo e estudamos a estrutura e os contidos destes certificados. E por último, introducímonos nas diferentes modalidades e lugares de impartición da formación para o emprego con respecto aos certificados de profesionalidade.
No TEMA 4, adentrámonos na política social e de emprego da Unión Europea, coñecendo os organismos e institucións en materia laboral. Debido a isto estudamos a mobilidade dos traballadores e a libre circulación por toda Europa.
Neste tema deberíamos destacar os fondos de financiación das políticas de emprego como son:
- Fondo Social Europeo (FSE), que toca todos os ámbitos do empregro
- Fondo Europeo de Adaptacion para a Globalización (FEAG), para as políticas activas de emprego, emprendemento e axudas individuais.
- Programa PROGRESS, financia proxectos de discriminación.
Persoalmente coñecía EURES e EUROPASS, mais non as outras plataformas. Chámame en especial a atención EPSO, sendo esta a que che da acceso aos procesos de selección na UE, e a facer carrera profesional dentro. En canto a EUROPASS, sorprendinme co pasaporte de linguas, cousa que descoñecía e pareceume sumamente útil. É unha pena que non esté máis normalizado o seu uso, xa que podería ser unha ferramenta interesante para a procura de emprego.
Finalizando os contidos do Módulo I, chegamos ao último tema do Marco Conceptual, o TEMA 5, que trata o emprendemento como formula de entrada ao mercado laboral.
Para adentrarnos no mundo do emprendemento, é necesario poñerse en materia e saber como está na actualidade a iniciativa empresarial en España, e máis concretamente en Galicia, e comparalo co resto dos países europeos. Para isto está o Informe GEM, que sinala unha tendencia decrecente na Taxa de actividade emprendedora tanto en a nivel estatal como autonómico.
Esto ven producido, entre outras causas, pola pouca cultura emprendedora que hay en España e polo complexo do proceso, tanto a nivel de financiamento como de procedemento. En España tárdanse 28 días (10 trámites) para constituir unha empresa.
A empresa social foi o modelo que mellor aguantou os envites da crise. Estas empresas son as que priorizan as persoas ao capital, cousa que ven como un intrumento. As modalidades de empresas de emprendemento social máis destacadas son entre outras:
- Cooperativas
- Asociacións
- Fundacións
- Sociedades Laborais
Por último e xa para rematar, estudamos os elementos esenciais no proceso de creación de empresa. En España a taxa de supervivencia aos 3 anos nas empresas é do 61%, que implica unha taxa de mortalidade alta. Isto pode ocorrer por non reflexionar sobre 3 elementos esenciais na posta a punto do proxecto emprendedor:
- A idea
- A persoa emprendedora
- O plan de empresa
Para coñecer a viabilidade do proceso emprendedor, usamos unha ferramenta chamada CANVAS. Isto é un diagrama de preguntas a respostar. As cuestións están separadas en 4 bloques: Cómo? (infraestrutura), Qué? (oferta), Quén? (clientes) e Cánto? (finanzas). Estes 4 bloques descompóñense en 9 módulos.
![]() |
| Logotipo do CANVAS do Grupo 4. Elaboración Propia. |
Como reflexión neste tema, penso que a alta mortalidade de empresas non ven dada por estar mal plantexada, senón porque a crise provocou unha debacle económica e un aumento do paro de tal forma que moita xente tirouse a empreder como medio de subsistencia. Con isto quero dicir que, se xa é complicado emprender sen apenas financiamento, facelo baixo unha economía de supervivencia é peor. Ter unha economía débil implica que calquer causa ou accidente fóra dos gastos fixos pode hundir unha empresa que non teña un fondo para imprevistos.
En cuanto a miña valoración persoal sobre os contidos, vou darlle especial importancia ao que non é o meu campo, que é algo que tiña moi verde: cualificacións e competencias profesionais. Para min foi moi útil porque é do que máis flouxeaba. Con especto ao marco europeo, pareceume moi interesante e descoñecía todas as plataformas que existían neste ámbito, e ademáis me parece unha información moi necesaria á hora de deselvolver unha orientación efectiva. O que sí que botei de menos é formación en cuanto a axudas o prestacións sociais e incompatibilidade entre elas. RISGA é complatible coa prestación por desemprego? e co subsidio?
Para saber máis:



Ningún comentario:
Publicar un comentario