Amosando publicacións coa etiqueta curación de contidos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta curación de contidos. Amosar todas as publicacións

mércores, 8 de novembro de 2017

O Entorno Persoal de Aprendizaxe (PLE)


¿Qué é isto do PLE?

As siglas PLE fan referencia a Personal Learning Enviroment que significa Entorno Persoal de Aprendizaxe

Un PLE é un conxunto de ferramentas, actividades e fontes de información que as persoas utilizan para a xestión do seu aprendizaxe persoal. Ainda que esta teminoloxía surxiu recientemente, a humanidade ven tendo un Entorno Persoal de Aprendizaxe dende fai séculos. Nas últimas décadas as ferramentas e fontes de información que forman parte do noso PLE incrementaronse exponencialmente debido a Internet e as tecnoloxías da información e a comunicación. En definitiva un bo PLE o que pretende é recabar información de diferentes fontes e xestionalas de forma eficiente de maneira que o tempo destinado ó aprendizaxe se minimice. Ademáis un punto fundamental é a retroalimentación da información, é dicir non só se trata de obter a información de diferentes fontes vinculadas a nosa área profesional, se non tamén de procesar esa información e difundila para que esté accesible a todo aquel ó que lle poida interesar.  

xoves, 26 de outubro de 2017

Reflexión sobre o meu PLE INICIAL


REFLEXIÓN SOBRE O MEU PLE INICIAL


     Igual vos atopades coma min cando escoitei esto de PLE...Pensei... ¿Qué é iso? ¿Eu teño un PLE? Eu non uso diso. A medida que Carlos Parada, nos ía explicando en qué consistía esto do PLE fun dándome conta de que sí, que eu tiña un PLE, cativo, pero un PLE, o fin e o cabo.

  As siglas PLE son o acrónimo de Personal Learning Environment (Entorno Personal de Aprendizaxe), unha maneira de entender como se aprende e unha maneira de aprender concreta, que se leva a cabo nun ecosistema concreto que é o das TICs.

     Para que vos fagades unha idea, vouvos a mostrar o meu PLE INICIAL. Non vos fixedes moito no debuxo (o esencial é a intención) senón na idea que representa. As ferramentas e servizos web que utilizo para aprender, para compartir información, para relacionarme, para crear contidos, etc.

Twitter @beacaneda

     Supoño que tras finalizar o Posgrao en Orientación Laboral Aberta e todas as clases con Carlos (@carpaga), o meu PLE será moito mellor. De feito, no momento no que escribo esta entrada xa o é. Podo engadir dúas novas ferramentas: