domingo, 10 de decembro de 2017

Resumo do módulo 3. Marco Instrumental da Orientación Laboral

No módulo 3 do Postgrado de Especialización en Orientación Laboral tratase o Marco Instrumental da Orientación Laboral no que se profundiza no traballo do orientador laboral tocando os seguintes puntos:
  • Intermediación laboral
  • Itinerarios de Inserción
  • Procesos individuais de orientación e axuda na toma de decisións
  • Análise de perfís profesionais e prospección de emprego
  • Técnicas e ferramentas para o acceso ao emprego e o autoemprego
  • Elaboración do plan de empresa


Tema 11. O Traballo do Orientador Laboral I: Intermediación Laboral


Temos tres modelos de intervención:

  1. Modelo didáctico
  2. Modelo de asesoramento 
  3. Modelo baseado en recursos
Os principios nos que debe basearse a orientación laboral son: individualización, flexibilidade e desenvolvemento da autonomía. 





Tema 12. O Traballo do Orientador Laboral II: Itinerarios de Inserción


Os itinerarios de inserción son un conxunto de accións que se organizan nun proceso personalizado e lóxico que teñen como obxectivos a inserción sociolaboral e o desenvolvemento profesional dos usuarios e usuarias que participan no mesmo, especialmente a través da información e o asesoramento individual e grupal e coa participación doutras áreas do campo da inserción sociolaboral.

Compoñeno tres fases diferenciadas:
  1. Un diagnóstico personalizado.
  2. Unha intervención orientadora, na que coexisten actividades individuais e actividades grupais.
  3. Unha supervisión ou avaliación continua.

Esquema base de IPI



Tema 13. O Traballo do Orientador Laboral III: Procesos Individuais de Orientación e Axudas na Toma de Decisións

diagnóstico é o punto de partida fundamental para realizar un proceso de orientación e iniciar un itinerario de inserción. Na orientación laboral a entrevista inicial é unha fase previa ou un punto de partida necesario. A fase de diagnóstico non finaliza cando acaba a entrevista coa persoa, senón que a continuación é necesario levar a cabo un proceso de estudo ou análise do caso para poder establecer finalmente o perfil de empregabilidade da persoa. A valoración do perfil de empregabilidade permitiranos sistematizar o traballo, establecendo criterios concretos de intervención que se adapten ás diferentes realidades das persoas.

A entrevista de orientación é un instrumento que se emprega fundamentalmente con obxectivos de asesoramento e como medio de selección de persoal. Hay tres tipos de entrevista: 
  • Entrevista dirixida
  • Entrevista semidirixida
  • Entrevista grupal
Preguntas típicas nunha entrevista de traballo

Cada vez úsase máis a entrevista por competencias permítenos diferenciar o rendemento medio do excelente, diferéncianos dos nosos competidores e achéganos valor engadido que favorece a atracción e retención do potencial. A xestión por competencias permite ligar as capacidades esenciais das organizacións, cos coñecementos e calidades que deben poñer en xogo os empregados para desempeñar eficientemente os seus postos de traballo.




Tema 14. O Traballo do Orientador Laboral IV: Análise de Perfís Profesionais e Prospección de Emprego

Unha tarefa fundamental para un orientador laboral é o coñecemento dos postos de traballo existentes, os potenciais xeradores de ocupación e as características principais que definen cada unha das ocupacións. Con esta información o orientador poderá facilitar ao orientado para que adquira unha definición o máis exhaustiva posible de cada unha das ocupacións que considerou como posible obxectivo profesional, así como dos perfís competenciais asociados a cada unha. O exercicio principal para traballar a análise do posto de traballo consiste en propor ao/a usuario/a que busque información en diferentes fontes sobre as ocupacións obxecto de estudo e identifique cales son as principais características que ofrecen e demandan no posto de traballo.

En canto á prospección de emprego temos dous enfoques:
  • Un enfoque orientado ao coñecemento e descrición da oferta, é dicir dos postos de traballo que conforman a estrutura empresarial.
  • Prospección orientada á demanda de emprego, ao coñecemento e descrición dos perfís profesionais de determinados colectivos de desempregados, encamiñada especificamente á inserción laboral. Este tipo de prospección para a inserción implica, por tanto, que a prospección de empresas enlace previamente co coñecemento da poboación demandante de emprego, e posteriormente, con outras accións de intermediación.

Tema 15. O Traballo do Orientador Laboral V: Técnicas e Ferramentas para o Acceso ó Emprego e o Autoemprego

O obxectivo das técnicas e ferramentas de acceso ao emprego é que o/a demandante coñeza os instrumentos e adquira as habilidades necesarias que lle posibiliten realizar unha procura de emprego de forma activa, organizada e planificada, así como dispoñer dos recursos teórico prácticos básicos para afrontar os procesos de selección con maiores posibilidades de éxito.

O proceso de selección é a unión entre a empresa que dispón dunha vacante e a persoa que se atopa en procura de emprego. Trátase de seguir unha serie de fases tanto para unha parte como para a outra.

Fases do proceso de selección 
Existe unha variedade moi ampla de canles por onde circulan as ofertas de traballo. É importante que o usuario recoñeza cada un deles e os utilice de forma eficaz (bolsas de traballo, axencias de colocación, autocandidatura, networking, convocatorias de emprego público, ...).


Tema 16. O Traballo do Orientador Laboral VI: Elaboración do Plan de Empresa

Cada vez é máis frecuente que o orientador laboral teña entre as súas funcións o asesorar a persoas emprendedoras que queren acceder ao mercado laboral mediante o autoemprego e a creación dunha empresa.

Un Plan de Empresa é un documento onde a persoa emprendedora consegue darlle forma á idea ou concepto inicial co que vai pór en marcha a súa propia empresa. 



Para saber máis:

Ningún comentario:

Publicar un comentario