Amosando publicacións coa etiqueta xestión do tempo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta xestión do tempo. Amosar todas as publicacións

luns, 30 de outubro de 2017

Reflexión Grupal Sesión presencial: O noso PLE (06/10/2017)


   De todas as sesións presenciais do Posgrao en Orientación Laboral Aberta, decidimos escoller a do 6 de Outubro de 2017, de 16:00 a 20:30, para reflexionar, porque cremos que de todas as sesións de ata agora, foi a máis intensa e na que traballamos máis duramente, a parte de ser moi instructiva en canto a ferramentas 2.0 de procura, xestión e almacenamento da información.

   A sesión foi impartida por Carlos Parada Gandos que xa nos tiña avisado de que ía ser intensa, pero non pensamos que sería unha clase na que a nosa atención tivese que estar o 100% a cada minuto. Seguro que todos saímos, esa tarde "infoxicados" da cantidade de información nova e ferramentas coas que Carlos "nos bombardeou", pero tamén saímos cunha mochila chea de ferramentas descoñecidas para moitos de nós coas que poder traballar na rede e que son e serán de moita utilidade para o noso traballo actual e futuro.