Sempre me gustaron os números polo que me Licenciei en Administración e Dirección de Empresas coa idea de traballar en contabilidade ou auditoría. Pero pronto o mercado laboral me levou por unha área completamente distinta, a do emprego. Traballei como prospectora de emprego nunha consultora e actualmente son técnico de orientación laboral nun programa integrado de emprego que desenvolve a Fundación Laboral de la Construcción (FLC) en colaboración coa Consellería de Emprego da Xunta de Galicia.