REFLEXIÓN SOBRE O MEU PLE INICIAL
Igual vos atopades coma min cando escoitei esto de PLE...Pensei... ¿Qué é iso? ¿Eu teño un PLE? Eu non uso diso. A medida que Carlos Parada, nos ía explicando en qué consistía esto do PLE fun dándome conta de que sí, que eu tiña un PLE, cativo, pero un PLE, o fin e o cabo.
As siglas PLE son o acrónimo de Personal Learning Environment (Entorno Personal de Aprendizaxe), unha maneira de entender como se aprende e unha maneira de aprender concreta, que se leva a cabo nun ecosistema concreto que é o das TICs.
Para que vos fagades unha idea, vouvos a mostrar o meu PLE INICIAL. Non vos fixedes moito no debuxo (o esencial é a intención) senón na idea que representa. As ferramentas e servizos web que utilizo para aprender, para compartir información, para relacionarme, para crear contidos, etc.
| Twitter @beacaneda |
Supoño que tras finalizar o Posgrao en Orientación Laboral Aberta e todas as clases con Carlos (@carpaga), o meu PLE será moito mellor. De feito, no momento no que escribo esta entrada xa o é. Podo engadir dúas novas ferramentas:
- FEEDLY: É un lector de RSS (Really Simple Syndication) ou o que é o mesmo, unha ferramenta 2.0 que permite recoller e organizar fontes de información "e que sexa internet o que traballe para nós". Será él quen nos envíe os novos contidos editados, a nova información, daqueles sitios web que nos interesan e que organizamos e clasificamos en FEEDS ou en coleccións, dunha forma sinxela e sen ter que ir directamente á web donde se publicou dita información.
| Vista da miña conta de Feedly (se pulsas na fotografía faise máis grande) |
- SCOOP.IT!: É outra ferramenta de "curación" de contidos web ou unha plataforma para mostrar e compartir contidos propios ou alleos e poder promocionalos e aportarlles valor, agregando contido. Para clarificar o concepto desta ferramenta temos que sinalar que a curación de contidos (que tamén o fai Feedly e non o comentei), consiste en buscar, recopilar, filtrar e seleccionar información relevante de internet, pero Scoop.it! vai máis lonxe, permite agregar contidos e combinar información en forma de "topic" ou "periódico que se completa e cambia co tempo.
| Vista da miña conta de Scoop.it! (se pulsas na fotografía faise máis grande) |
Penso que as dúas novas ferramentas que aprendimos poden ser de gran axuda para non chegar á "infoxicación", pero recoñezo que para mín esto das TICs seguen a ser "novas tecnoloxías". Teño que recoñecer tamén, que tiven grandes resistencias a empregar as dúas ferramentas e que esto fixo que esta tarefa fora tarde e arrastro, tiven a sensación de sentirme un pouco sobrepasada (¡adoro un bolígrafo e unha folla de papel!) pero entendo que aínda que o cambio sexa costoso nun primeiro momento, hai que facelo, é preciso que coñezamos estas ferramentas, e mais cando queremos buscar ou atopar un novo traballo e queres poder orientar, acompañar a outras persoas no seu camiño profesional ou vital, xa que os entornos de aprendizaxe son totalmente diferentes na actualidade e non vale de nada mirar cara outro lado. Xa ben o dí o dito, se non podes cos teus enimigos, únete a eles.
Ante estes sentimentos contrapostos, pareceume axeitado facer unha análise DAFO sobre a miña situación con estas ferramentas e en xeral sobre o meu PLE por se vos sentides identificados:
Para saber máis:
E recorda, sígueme en Twitter.
Ningún comentario:
Publicar un comentario