luns, 2 de outubro de 2017



RESUMO MODULO 1: MARCO CONCEPTUAL
Autora: Mariana Rodriguez-Losada


TEMA 1. MARCO DE REFERENCIA DA ORIENTACIÓN LABORAL ABERTA

O Sistema Nacional de Emprego é o conxunto de medidas, estruturas e accións encaminadas a promover e desenvolver a política de emprego. Está integrado por:

Servicio Público de Emprego Estatal (SEPE). Organismo autónomo, cunha estrutura central e unha estrutura orgánica periférica, encargado da creación, desenvolvemento e seguimento das Políticas de Emprego, así como da coordinación entre todos os axentes do mercado de traballo. Ocúpase da Lexislación laboral, bases e planificación económica, e xestiona directamente as Políticas Pasivas de empleo.

Servicio Público de Emprego de Galicia (SPEG). Ocúpase das Políticas Activas de Emprego, que lle foron transferidas no ano 97, para axustarse mellor ás diferentes realidades territoriais en cada comunidade Autónoma.


Política de Emprego en España e en Europa:

En España, faise unha reforma do mercado laboral en 2013 cunhas medidas urxentes adicionais de fomento de contratación e de creación de emprego. Faise un novo enfoque estratéxico das Políticas activas de emprego, no que se persigue encaixar a competencia normativa (Estado) coa execución das mesmas (CCAA):

Plan Anual de Política de Emprego 2016 (PAPE)
A Estratexia de Activación para o Emprego. Configúrase como o primeiro instrumento de coordinación de Sistema nacional de Emprego
PNR: Plan Nacional de Reformas del Reino de España 2017

En Europa:

A Estratexia Europea de Emprego 2020; proporciona un marco que permite ós países da UE compartir información, e debatir e coordinar as suas políticas de emprego. Un Comité elabora o paquete de medidas de emprego para todos os países da UE.
Ambitos de desenvolvemento das políticas activas de emprego: Existe unha Estratexia Común 2020 baseada en Prioridades (crecemento intelixente, sustentable e integrador), Obxectivos e Financiamento a través de dous Fondos Estruturais (FEDER e FSE)


TEMA 2. O MERCADO LABORAL

Mercado de traballo e a resultante das interaccións entre duas variables: a oferta e a demanda de traballo. A oferta de traballo ven determinada pola poboación disponible para ofrecer servicios como traballadores, polo tanto estará composta pola poboación activa (mayor de 16 anos)= ocupados+parados. A demanda de traballo é a cantidade de traballadores que as empresas están dispostas a contratar.

Indicadores

EPA ou enquisa de poboación activa mide a cantidade de persoas en diferente situación en relación ó mercado de traballo. As persoas ocupadas poden ser por conta propia ou por conta allea, a tempo completo ou a tempo parcial. As persoas paradas son as maiores de 16 anos en búsqueda activa de empleo que non consiguen unha ocupación. As persoas inactivas son o resto.
Taxa de actividade é o cociente entre poboación activa e poboación en idade de traballar.
Taxa de paro é o cociente entre poboación desempregada e poboación activa
Taxa de Emprego é o cociente entre poboación ocupada o poboación en idade de traballar

Desemprego: Concepto e tipos

A definición de parado dende o ano 2002 implica que a persona inscrita como demandante de empleo por máis de tres meses, tamén cumpre os requisitos esixidos para a procura activa de emprego. Si non é así se lle considera inactiva, non parada.


Os tipos de paro son:

Para ampliar imaxe clicka nela


Mercado de traballo actual

É importante coñecer o funcionamento do mercado laboral da zona e do comportamento das ocupacións, para poder tomar unha decisión en relación ao obxectivo profesional que se busque. Para ello debemos coñecer ben os factores que inciden diretamente nel.
Instrumentos e ferramentas para o estudo do Mercado de traballo: Observatorio Ocupacional del Servicio Público de Emprego Estatal, Observatorio Ocupacional del Servicio Público de Emprego de galicia, Observatorio Europeo de Emprego, A Prospección do mercado de traballo no propio territorio.

Cómo e onde traballar:
O traballo por conta allea, pode ser para a Administración Pública ou empresa Pública, e para a Empresa Privada. Existen uns requisitos para acceder á función pública, e uns sistemas de acceso moi concretos e regulados. Os empregados públicos poden ser funcionario de carrera, funcionario interino, persoal laboral ou persoal eventual.
As empresas privadas son outra opción xeradora de emprego e tamén o traballo por conta propia ou autónomo.
Existen numerosa axudas e subvencións tanto para empresas privadas como para autónomos, que é importante coñecer para poder asesorar no noso traballo de orientador laboral.


TEMA 3: CERTIFICACIÓN E FORMACIÓN PROFESIONAL

Cualificación frente a Competencia


A Competencia Profesional é o conxunto de coñecementos e capacidades que permiten o exercicio dunha actividade profesional. A Cualificación profesional é o conxunto de competencias profesionais que poden ser obtidas ben pola experiencia laboral, ben pola formación. A unidade de competencia é o agregado mínimo de competencias profesionais susceptible de recoñecemento ou acreditación parcial, cada unidade leva asociado un módulo formativo.

O Sistema Nacional de Cualificacións (SNCFP). 

O Instituto Nacional de Cualificacións (INCUAL) é o responsable de definir, elaborar e manter actualizado o Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais e o correspondente Catálogo Modular da Formación Profesional. As Cualificacións agrúpanse en 26 familias (sectores das actividades económicas que abordan) e 5 niveis
Marco europeo das Cualificacións (EQF): É un marco comun de referencia que relaciona entre sí os sistemas de Cualificacións dos paises e serve de mecanismo de conversión, coa finalidade de facilitar a movilidade de traballadores entre países e o acceso á aprendizaxe permanente

O Instituto Galego das Cualificacións: Será o responsable de velar en Galicia pola Xestión do Sistema Nacional de Cualificacións e o responsable da acreditación das Competencias profesionais recoñecidas a través da experiencia laboral ou doutras vias non formais. O procededmento constará de 3 fases: Asesoramento, Avaliación e Acreditación da competencia profesional.

Certificados de Profesionalidade. Formación para o Emprego. Son os instrumento de acreditación oficial das cualificacións profesionais. Permiten certificar, de maneira homoxénea as competencias adquiridas a través da experiencia ou da formación. Estruturase en dous grandes bloques: O referente profesional, que é a descripción da ocupación, e o referente formativo que é a descrición formativa que capacitaría para o desempeño da ocupación.




TEMA 4: POLÍTICA SOCIAL E DE EMPREGO NA UE

A mobilidade dos traballadores. Rede Eures


Unha das catro liberdades que gozan os cidadáns da Unión Europea é a libre circulación dos traballadores, que inclúe o dereito a desplazamento e residencia, dereito de entrada e residencia de familiares e dereito de traballar. Todo ciudadano da UE ten dereito a: Procurar emprego en calquera país da UE, recibir a mesma axuda que os cidadáns daquel país, quedar no país elexido o tempo suficente para buscar emprego, presentar a sua candidatura e ser contratado.

A rede EURES é o portal da mobilidade profesional, creado en 1993, conta cunha rede humana de máis de 850 conselleiros EURES en toda Europa. A súa labor adquire especial relevancia nas zonas transfronteirizas, onde máis de 600.000 traballadores que viven nun estado membro de UE traballan noutro, e atópanse a diario con obstáculos á mobilidade de carácter administrativo, xurídico ou fiscal. A rede consta de máis de 5.000 oficinas, con máis de 100.000 traballadores cuxa misión é a información e apoio tanto a traballadores como empresas para a búsqueda de emprego e contratación de persoal. EPSO es la Oficina Europea de Selección de personal que canaliza la selección de personal para trabajar en las Instituciones de la Unión Europea. A rede EURAXESS é o portal que apoya ós investigadores independentemente da sua especialidade, nacionalidade ou destino en cuestiones administrativas importantes á hora de xestionar o seu traslado.



Para ampliar imaxe clicka nela



TEMA 5: A INICIATIVA EMPRENDEDORA COMO FORMA DE ACCESO AO MERCADO LABORAL

O EMPRENDEMENTO E OS BENEFICIOS SOCIAIS DA CREACIÓN DE EMPRESAS E DO EMPRENDIMENTO SOCIAL

O Contexto da dinámica emprendedora
España é históricamente un país cunha cultura pouco emprendedora y poco valorada socialmente. Para fortalecer o emprendemento é necesario:

• Incidir na educación e na formación coa implantación de materias que fomenten o espítitu emprendedor xa dende a etapa escolar
• Mellorar a falta de acceso ao financiamento
• A reducción de trámites
• Formación específica para recoñecemento de oportunidades.
Os países máis emprendedores o lograron a través de actuacións políticas encamiñadas a lograr unha concepción do emprendemento empresarial como unha disciplina metodolóxica e como un valor cultural da sociedade. É fundamental fomentar a cultura emprendedora e que ésta sexa valorada socialmente. Esta cultura ten que nacer da base, do noso sistema educativo, que consiga transmitir e resaltar as actitudes apropiadas para o emprendemento: creatividade, automotivación, a procura de oportunidades, a resolución de problemas e a resiliencia.

O Emprendemento Social.

As empresas da Economía Social xorden para cubrir necesidades e non para obter máximos beneficios, ademáis atópanse firmemente enraizadas no territorio no que se enclavan. Son as cooperativas, as Sociedais laborais, os Centros especiais de emprego, as empresas de insercion, as cofrarías de pescadores, as Asociacións e as Fundacións.
Posúen tres características esenciais: compromiso social, contribución á xeración de emprego e o seu arraigo territorial.

Contribúen a xeración de riqueza de forma sustentable, desenvolvendo sectores socialmente necesarios, prevalecendo o mantemento da empresa e do emprego sobre outras consideraciones empresariais.

A CREACIÓN DE EMPRESAS 


Hai numerosas medidas tendentes a fomentar a creación de empresas e o autoemprego, pero non é suficiente, é necesaria a formación nas habilidades e competencias requeridas en xestión de empresas, para que estas sexan máis exitosas, para asegurar a sua supervivencia.

Os elementos claves da Iniciativa emprendedora son A IDEA, que responde a Qué actividade emprender?, A PERSOA EMPRENDEDORA, que responde a Quén? e Por qué?, e o PLAN DE EMPRESA, que responde al Cómo?.
Para o plan de empresa é una boa axuda comezar co método Canvas, que nos facilitará una visión global de todolos factores que temos que ter en conta na nosa idea de negocio, para despois ir analizando detidamente cadanseu, e desenvolver logo o plan de empresa
Para ampliar imaxe clicka nela


Dende o punto de vista da labor orientadora, é importante de cara a axudar ó novo emprendedor/a, ter en conta todas as características desexables que debe ter a persoa emprendedora, as suas motivacións, e a misión de su idea emprendedora. Tamén é importante facerlle ver non só as ventaxas de emprender, senon tamén os incovenientes, para que chegado o momento estea preparado/a para afrontalos desde a realidade, sin quitarlle por iso o entusiasmo necesario para o emprendimento.


VALORACIÓN:

Considero que o contido deste módulo 1 nos facilita unha guía de ferramentas moi variadas e enriquecedoras para o exercicio da labor de orientación para os variados perfis de usuarios que sin duda podemos atopar no exercicio da nosa labor. Por un lado, as ferramentas TICs esenciales hoxe en dia para poder facer unha búsqueda efectiva de emprego, tamén se nos suliña a importancia de coñecer o mercado de traballo do noso contorno, para poder asesorar ós diferentes usuarios na procura das mellores oportunidades según as características de cadanseu, nos acerca tamén ó complexo entramado das certificacións e a formación profesional, aportándonos un alicerce sobre o que sin duda traballaremos con moitos usuarios, tamén nos aporta unha guía das axudas e plataformas da UE coa que poderemos asesorar a todas aquelas persoas interesadas en su movilidad laboral por los paises da UE, e por último nos facilita o asesoramento a aquelas persoas que poidan estar interesadas en desarrollar a sua propia idea de negocio.








PARA SABER MAIS: 

Ningún comentario:

Publicar un comentario