Como o seu propio nome indica, este primeiro módulo do Posgrao de Especialización en Orientación Laboral trata de facer un "marco", un encuadre da orientación laboral.
De aí que empecemos por contextualizar o Sistema Nacional de Emprego integrado polo Sistema de Emprego Público Estatal (SEPE) e os Sistemas Públicos de Emprego das diferentes Comunidades Autónomas, en Galicia, concretamente o Sistema Público de Emprego de Galicia, o SPEG.
A competencia lexislativa sobre Emprego a ten o Estado (políticas pasivas, centradas principalmente na protección por desemprego), sen prexuizo de que son as CC.AA. as que teñen cedidas as competencias nesta materia e as que realizan a execución das mesmas (políticas activas en emprego, en formación e en orientación laboral).
Pero como formamos parte da Unión Europea, tamén ésta ten competencia complementaria á dos Estados Membros, co obxectivo de elaborar unha estratexia común a todos eles e facer unhas directrices. A estratexia actual é a chamada Estratexia 2020 que se basea en 3 eixos esenciais: un crecemento intelixente, sustentable e integrador, dando un novo papel á Orientación Laboral, que é a Orientación Laboral Aberta, máis cerca das e dos usuarios que a demandan e centrada nas persoas, que se resume na seguinte imaxe:
![]() |
| Mayte Deus Trasobares. Módulo 1. Posgrao de Especialización en O.L. (2017) |
O Mercado Laboral está baseado na oferta e na demanda de traballo. Como lega en economía, chamoume a atención que sobre todo sexan os salarios os que determinen o equilibrio de dito mercado, do paro e por suposto da economía global.
Deste tema máis ca un resumo, me gustaría facer unha reflexión, que esbozou Fernando Agulló na súa ponencia. "Necesitamos un cambio no modelo produtivo, que vén dado por un cambio tamén no modelo educativo". Veume á cabeza un vídeo que pode resumir un pouco o que eu entendo sobre este plantexamento de Fernando:
É necesario un cambio de "sistemas" para poder empoderarnos e emprender sen medo, aprender a desenvolver a nosa creatividade que nos leve a ter ideas, e que unha delas poida convertirse nunha idea de negocio, innovadora e socialmente responsable, e que poida ser desenvolta nun CANVAS (ou modelo de negocio) e finalizar nun plan de empresa viable. Pero esto o falaremos máis adiante.
O visto ata agora entronca co seguinte tema que trata sobre a Certificación e a Formación Profesional. A estrutura da F.P. divídese en 2 subsistemas: F.P. regrada ou inicial e a formación para o emprego. Como orientadores laborais, debemos coñecer os itinerarios de ambos subsistemas pero por falta de espazo e como a miña rama profesional é a Educación, vou facer fincapé, como fixo a experta, Elena González de la Cámara, en varios conceptos que me parecen esenciais. Estes conceptos son os de:
- Cualificación profesional: Conxunto de competencias profesionais que permiten dar resposta a ocupacións e postos de traballo con valor no mercado laboral, e que poden adquirirse a través de formación ou por experiencia laboral. Mídense por estándares oficiais.
- Competencia profesional: Conxunto de coñecementos e capacidades que permiten o exercicio da actividade profesional conforme ás esixencias da produción e da ocupación.
- Competencia: Conxunto de capacidades, habilidades, condutas e actitudes necesarias para dar resposta con éxito ás esixencias que os diferentes contextos da vida cotiá, entre eles o profesional, nos demandan.
- Competencias clave: Competencias que permiten ás persoas adaptarse a un mercado laboral cambiante, permiten a flexibilidade e a mobilidade profesional.
Xa no ano 1996, un Informe da Comisión Internacional sobre a Educación para o S. XXI á UNESCO, denominado "La educación encierra un Tesoro", centraba a súa atención nuns pilares básicos para a Educación, moi relacionados cos termos de Competencia e Competencias Clave, como podemos ver na seguinte imaxe:
Como adiantei antes, dende Europa echegan directrices para o fomento do emprego ós Estados Membros. A política social e de emprego da Unión Europea non só consiste nesas directrices senon en moitas máis estructuras, servizos e tamén os Fondos Estructurais, sendo o Fondo Social Europeo o más coñecido, ou non, xa que me sorprendeu en que consiste realmente (eu pensaba só consistía na financiación de formación). En realidade é o principal instrumento co que conta Europa para fomentar o emprego pero tamén a inclusión social, das mulleres por exemplo, de axudar a outros colectivos para a súa inclusión a través da igualdade de oportunidades por exemplo de emigrantes, ou de facilitar as redes transnacionais para a colaboración entre os distintos Estados, servíndose do cofinanciamento de moito máis que procesos de formación.
Para poder mellorar o noso modelo produtivo, como xa dixemos antes, debemos facilitar a Iniciativa Emprendedora coma unha forma máis de acceder ó Mercado de Traballo. Segundo as estatísticas, España non é un país emprededor, seguramente porque tiñamos fácil acceso ó mercado de traballo de empresas de baixa cualificación centrado principalmente na constución (durante a burbulla inmobiliaria) e na hostelería (polo turismo crecente), e polas carencias do noso Sistema Educativo mencionadas no vídeo. A todo isto hai que engadir, a falta de financiamento e o exceso de burocracia, así como a pouca flexibilidade do réxime de traballadores autónomos e das PEMES.O que me levo deste tema, ademáis do traballo en Equipo creando o nosa idea empresarial a través do Modelo CANVAS, "A HORTA NA PORTA", é o coñecemento máis a fondo da Economía Social, ese tecido empresarial que persigue un interés económico e á vez social, e que fai primar a persoa por enriba do capital. O progreso empresarial e social é posible ó mesmo tempo.
Non sei se esta entrada é un bo resumo dos módulos vistos, pero a miña valoración persoal destes 5 temas é moi positiva, xa que me axudaron a ver que estou no "camiño" que quería. Que me falta moito por aprender sobre Orientación Laboral Aberta, pero que o esforzo que estou a facer vale a pena, e que sairei do Posgrao con moitas máis "competencias" das que tiña ó entrar no CNTG o día 1 de setembro de 2017, tanto a nivel persoal coma profesional.
Pero aínda estamos empezando... ¿CÓMO SE COME UN ELEFANTE?... A trociños... E neso estamos.
Para saber máis...
- Servizo Público de Emprego- Mercado Laboral
- Informe Delors
- Fundación Estatal para la Formación en el Empleo
- Galicia Emprende
- Economía Social



Ningún comentario:
Publicar un comentario