xoves, 19 de outubro de 2017

O entorno persoal de aprendizaxe (PLE) e ferramentas para melloralo: Feedly e Scoop.it

Primeiramente conceptualizaremos o PLE (Personal Learning Environment) como as fontes de información de onde aprendemos e atopamos contido ou coñecementos útiles para o noso obxectivo. Estas fontes de información poden ser moi diversas, dende redes sociais ou páxinas web a blogs, boletíns oficiais ou prensa. Evidentemente cada persoa marcará as súas fontes de información ou consulta, xa que como anteriormente dixemos, cada un constitue o seu PLE según os fins que procura.


Dentro dos medios onde podemos buscar información, temos que destacar internet debido á inmensa cantidade de contido que podemos atopar e tamén polas ferramentas que nos ofrece para xestionar a gran cantidade de información á que podemos acceder, para facelo eficiente e non morrer no intento.
Gracias a estas ferramentas conseguín mellorar o meu PLE inicial, xa que non accedia a toda a información dun xeito sinxelo, polo que provocou certa ineficiencia pola miña parte.

O meu PLE inicial



As ferramentas que nos ensinaron a utilizar co fin de optimizar esa mellora e organización ou xestión da información son Feedly e Scoop.it.


Feedly

 Feedly é unha ferramenta online moi útil á hora de xestionar a procura de información dun xeito ordenado e eficaz. Este instrumento permítenos introducir as fontes de información que nos precisamos e ordealas ou catalogalas segundo as nosas necesidades. Esta personalización resulta moi útil no caso de unha cantidade masiva de direccións web, sobre todo porque evita o rexistro de boletíns das diferentes páxinas que utilicemos.

Screenshot da miña conta de Feedly

En cuanto a cousas positivas que ten hai que destacar que ten unha versión de balde, que aínda que está limitada, nos permite un amplio marxe de actuación. Por outro lado e en canto a transmisión da información atopada, Feedly permítenos acceso directo ao envío a través de Twitter, Wordpress, Linkedin, entre outras ferramentas e incluso gardar o atopado no Evernote.


Por último, a interfaz ademáis de sinxela e moi intuitiva, permitindo o seu uso de esta forma a xente que non está acostumada a traballar con este tipo de ferramentas, é clara e agradable visualmente. Me gustaría tamén sinalar que ten app para Smartphones e Tablets.


Scoop.it

Scoop.it é unha ferramenta online que se utiliza para escoller os contidos que te interesen e clasificalos segundo ás túas necesidades. Unha das cousas máis interesante que ten e que é algo que non ten Feedly son as palabras clave que se poden introducir, de forma que a propia aplicación te suxire contido relacionado.

Screenshot da miña conta de Scoop.it

Ao igual que Feedly, os contidos pódense compartir en Facebook, Twitter e Linkedin, máis non con blogs ou por email, polo que está limitado a redes sociais; pero por outro lado si que permite a interactuación con outros usuarios, polo que crea comunidades informativas.

En cuanto a interfaz, é moi suave e clara, sendo moi agradable visualmente, mais resulta confusa en canto ao seu uso, polo que a xente que non está acostumada a utilizar ferramentas online é máis que seguro que rexeite esta aplicación como método de procura e xestión da información.

Screenshot de Scoop.it intentando que pague a versión Premium


Por último, dicir que saíronme durante o seu uso pop-ups ofrecéndome pasarme á versión de pago, cousa que resulta moi molesta mentres se está traballando con ela. Neste pop-up atopamos as limitacións da versión gratuita, que son moito maiores das que ofrece Feedly.


Conclusión Persoal

Unha vez analizadas as dúas decido quedarme con Feedly, xa que para as miñas necesidades é a que mellor se adapta, aínda que non é a única razón. Scoop.it resultame bastante confuso e molesto á hora de traballar con él, ademáis de que me molesta moito o intento de venta do servicio que ofrecen. Por outro lado creo que está demasiado limitado, cousa que non opino de Feedly, xa que permite o acceso a un maior contido e personalización da información. Non sei como vivín ata agora sen esta aplicación web. Como dixo Carlos Parada no seu momento, chegaría a pagar por este servicio.

Ningún comentario:

Publicar un comentario