![]() |
| Temas módulo 1 |
Tema 1. Marco de Referencia da Orientación Laboral Aberta
O Sistema Nacional de Emprego (SNE) está composto polo Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) e os Servizos Públicos de Emprego das Comunidades Autónomas (en Galicia o SPEG). O SNE crea e desenvolve accións para o emprego, a súa execución é descentralizada nas comunidades autónomas.
- O SEPE depende do Ministerio de Empleo y Seguridad Social e está composto por uns servizos centrais e unha rede de 759 oficinas nas comunidades autónomas.
- O Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG) depende da Xunta de Galicia e componse de dúas oficinas do empregador, 53 oficinas propias e diversas entidades colaboradoras.
As políticas de emprego tratan de corrixir os principais desequilibrios do mercado de traballo e teñen como fin último alcanzar o pleno emprego.
- Políticas activas: Conxunto de medidas de orientación, formación e emprego drixidas a mellorar as posibilidades de acceso dos desempregados ó mercado laboral, ao mantemento do emprego ou a promoción dos traballadores e ó fomento do emprendemento.
- Políticas pasivas: Dirixidas ós desempregados. Son as prestacións, subsidios ou axudas do Servizo de Emprego.
Estratexia de activación para o emprego: Ha de procurarse un mellor encaixe entre a competencia normativa das políticas activas de emprego, que corresponde ao Estado, coa da súa execución, que corresponde ás Comunidades Autónomas, preservando, ao mesmo tempo, a unidade na atención das persoas en situación de desemprego.
Estratexia Europea de Emprego (EEE): Programa anual de planificación, seguimento, exame e axuste das políticas dos Estados membros para coordinar os instrumentos que utilizan para combater o desemprego.
![]() |
| Estratexia Europea de Emprego |
Tema 2. O Mercado de Traballo
Mercado no que empresas e traballadores negocian a cantidade de traballo a intercambiar e a que prezo (salario). O equilibrio alcánzase cando colisionan a oferta e a demanda de traballo.
![]() |
| Oferta de traballo |
Dúas visións sobre o equilibrio no mercado de traballo:
- Clásica: O mercado alcanza sempre o equilibrio xa que se deixaría actuar libremente a oferta e a demanda. Sempre se porán de acordo en intercambiar a cantidade que satisfaga a ambas partes mediante axustes no salario de equilibrio. Non hai paro.
- Keynesiana: Os axustes entre oferta e demanda fanse a través da cantidade de traballadores contratados que non coinciden cos que desexan traballar debido a que os salarios son ríxidos á baixa e existen normas laborais. Hay paro xa que non se alcanza o equilibrio.
![]() |
| Tipos de paro |
Tema 3. Certificación e Formación Profesional
Hai dous sistemas dentro da Formación Profesional:
- Sistema de Formación para o Emprego: Depende do Ministerio de Empleo y Seguridad Social e das Comunidades Autónomas (Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia).
- Sistema de Formación Profesional Regrada ou Inicial: Depende do Ministerio de Educación, Cultura y Deporte e das Comunidades Autónomas (Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia).
![]() |
| ¿Cómo obter a cualificación profesional? |
Tema 4. A Política Social e de Emprego na Unión Europea
A Unión Europea e os gobernos nacionais comparten a responsabilidade nas políticas de emprego, asuntos sociais e inclusión.
- Funcións da Unión Europea: Coordina e supervisa as políticas nacionais; impulsa o intercambio de boas prácticas en materia de emprego, pensións, pobreza e exclusión social; lexisla e supervisa a aplicación da normativa en ámbitos como os dereitos no traballo e a coordinación dos réximes de seguridade social.
- Función dos gobernos nacionais: Responsables da política social e de emprego. O financiamento da UE neste ámbito limítase a apoiar e complementar os seus esforzos.
![]() |
| Estratexia de Crecemento Europa 2020 |
A Estratexia Europea de Emprego, de acordo coa Estratexia de Crecemento Europa 2020, impulsa medidas para crear postos de traballo, dinamizar e equilibrar os mercados laborais e supervisar as políticas de emprego cos países da UE a través de:
- Paquete de medidas para o emprego: conxunto de medidas para impulsar a creación de postos de traballo.
- Medidas para fomentar o emprego xuvenil.
- Iniciativas Europa 2020: emprego, asuntos sociais e inclusión.
![]() |
| Recursos europeos para a orientación laboral |
Tema 5. A Inciativa Emprendedora como Forma de Acceso ó Mercado Laboral
España é un país pouco emprendedor e Galicia ainda o é menos.
A crise económica asolou o noso mercado laboral debido a un modelo produtivo baseado en PEMES do sector da construción e o turismo que demanda traballo de escasa cualificación. Tratase dun mercado de traballo moi sensible ás fluctuacións da economía debido ó denominado efecto exponxa.
Necesitamos un modelo productivo novo cun novo tecido de empresas tecnolóxicas, exportadoras, etc., con demandas de traballo de maior cualificación e menos sensibles ás flutuacións do mercado. O autoemprego e a creación de empresas son fundamentais para lograr ese novo modelo produtivo pero somos unha sociedade pouco emprendedora.
Recomendacións dos especialistas para incrementar a tasa de emprendemento: implantar materias de emprendemento na etapa escolar, mellorar o acceso ao financiamento, formación específica para detectar oportunidades, reducir os trámites administrativos e minorar prazos para crear empresas.
![]() |
| O plan de empresa |
Modelo CANVAS:
Ferramenta cualitativa para deseñar modelos de negocio.
Confecciónase nun diagrama denominado lenzo CANVAS no que se trata de responder a catro preguntas básicas do deseño de empresa que se vai desenvolver: cómo, qué, quén e cánto que se corresponden coas catro áreas que constitúen o armazón do proxecto: infraestrutura (cómo), oferta (qué), clientes (quén) e finanzas (cánto).
Un vídeo explicativo do modelo CANVAS:
Neste módulo tiven a oportunidade de repasar e afianzar conceptos realcionados coa miña Licenciatura en ADE, refírome ó mercado de traballo e á parte de emprendemento, ainda que cunha visión máis práctica. Tamén de volver a aplicar o xogo de simulación emprendedora a través do lienzo CANVAS que coñecín non hay moitos meses nun curso que realicei sobre emprendemento. Todo isto seráme de utilidade para orientar a persoas emprendedoras ou dar talleres de emprendemento.
Foi moi interesante profundizar na estructura da formación profesional e nos certificados de profesionalidade, así como no Sistema Nacional de Emprego e na súa lexislación, algo que é un material moi necesario para un orientador laboral.
E con respecto as tan temidas TICs.....
Fai poucos meses abrin unha conta Twitter que cerrei ó pouco tempo porque non lle encontraba utilidade. No que levamos de postgrado comprobei que sí resulta moi útil a nivel profesional para estar ó tanto de todas as novedades relacionadas coa área de orientación, fomación e emprego.
Un bo amigo recomendoume en varias ocasións que creara un blogue a nivel profesional pero nunca o fixen, quizá porque por aquel entón á temática a tratar non lle vía utilidade para o traballo ao que aspiraba. Creo que para o ámbito da orientación é unha ferramenta moi necesaria para difundir información de interés e asesorar ós desempregados.
Para saber máis:
SEPE
SPEG
EURES
EUROPASS
Instituto Nacional de las Cualificaciones (INCUAL)
Instituto Galego das Cualificacións (IGC)










Ningún comentario:
Publicar un comentario