mércores, 8 de novembro de 2017

O Entorno Persoal de Aprendizaxe (PLE)


¿Qué é isto do PLE?

As siglas PLE fan referencia a Personal Learning Enviroment que significa Entorno Persoal de Aprendizaxe

Un PLE é un conxunto de ferramentas, actividades e fontes de información que as persoas utilizan para a xestión do seu aprendizaxe persoal. Ainda que esta teminoloxía surxiu recientemente, a humanidade ven tendo un Entorno Persoal de Aprendizaxe dende fai séculos. Nas últimas décadas as ferramentas e fontes de información que forman parte do noso PLE incrementaronse exponencialmente debido a Internet e as tecnoloxías da información e a comunicación. En definitiva un bo PLE o que pretende é recabar información de diferentes fontes e xestionalas de forma eficiente de maneira que o tempo destinado ó aprendizaxe se minimice. Ademáis un punto fundamental é a retroalimentación da información, é dicir non só se trata de obter a información de diferentes fontes vinculadas a nosa área profesional, se non tamén de procesar esa información e difundila para que esté accesible a todo aquel ó que lle poida interesar.  


¿E eu, teño un PLE?

Confeso que na miña vida oira falar do PLE, cando Carlos Parada Gandos o mencionou como temática a tratar nunha das súas sesións presenciais sobre TICs no Postgrado de Orientación Laboral que estou cursando pensei "nova terminoloxía para engadir á miña biblioteca de coñecementos, Entorno Persoal 
de Aprendizaxe, teño que traballar para construilo, non teño nin os cimentos".

Da
quela encargounos unha tarefa, debuxar o noso PLE inicial, unha faena dificil, non foi sen tempo a súa creación, sobre todo tendo en conta as miñas escasas dotes artísticas... Pero por fin a fixen e a amoso orgullosa na seguinte imaxe (non tanto polo contido, que como explicarei máis adiante coxea, se non polo tempo invertido en facer de Picasso).

PLE inicial de Pilar Montes Alvedro

Tras rematar ese traballo dinme conta que o meu PLE xa estaba cimentado e incluso tiña o esqueleto, pero faltaballe algo, ou mellor dito moito.

Como se pode ver na imaxe, teño as miñas ferramentas de busca de información e de consulta. A maneira de compartilas era a través da miña conta persoal de Facebook ou difundilas a través de aplicacións de uso persoal. Admito que moitas veces pensei, "teño que crear un entorno profesional para compartir toda esta información", pero nunca o fixera, ata agora.

E preguntaredesvos ¿Qué é o que lle falta?, ¿Por qué coxea este PLE? Faltalle o fundamental, procesa-la información, é dicir adaptala e darlle un toque persoal, unha opinión que a enriqueza para despóis difundila e que sea unha fonte de consulta e aprendizaxe para outras persoas. Ademáis necesita ser xestionada de maneira eficiente, en definitiva organizala, para evitar a infoxicación.

Para minimizar o tempo de consulta e de busca de información e manternos constantemente actualizados temos dúas ferramentas de curación de contidos. A seguinte imaxe mostra gráficamente o en que consiste:




Feedly: 

O Feedly é un agregador de contidos. É unha ferramenta que permite reunir a información de todas as nosas fontes de consulta para minimizar o tempo adicado a estar actualizados.

Os puntos fundamentáis do Feedly son que permite:
  • Suscrición a diferentes portáis, webs, blogs, páxinas oficiais, etc. 
  • Leer todos os contidos publicados neles e coñecer as últimas noticias ou informacións publicadas. 
  • E o punto máis importante, ordea e filtra os contidos a través de categorías que o propio usuario crea. 
Como exemplo mostro unha imaxe do meu perfil en Feedly:
O meu Feedly


Scoop.it!

O Scoop.it é unha ferramenta para mostrar e compartir contidos, é algo así coma o noso períodico dixital.

Os puntos fundamentáis do Scoop.it son que permite:
  • Reunir información e clasificala por temas previamente definidos (topics) ademáis de compartila nas redes sociais (Twitter, Linkedin, Facebook, Google+,...). 
  • Crear unha comunidade de seguidores, ser seguidos por outros usuarios e seguir os topics que sean do noso interese.
  • Ademais, recomenda contidos a través das palabras clave que incluimos nos topics, recomenda artigos doutros usuarios (permite atopar perfis con intereses similares os nosos). 
Como exemplo mostro unha imaxe do meu perfil en Scoop.it:

O meu Scoop.it



A miña valoración persoal

Tras o #POLAB17 completei o meu PLE con novas aplicacións de difusión como son o Twitter e o Linkedin, incorporei ferramentas de reflexión como o Blogspot e de organización como o Pinterest, o Feedly e o Scoop.it.

Con respecto á miña opinión sobre o Feedly penso que me será unha ferramenta moi útil para reunir as diferentes webs de consulta de información e estar actualizada sobre os novos contidos que se publiquen nunha única interfaz.

En canto ó Soop.it ten a utilidade de poder reunir artigos e publicacións o que pode resultarnos moi útil á hora de recopilar información para facer algunha ponencia en obradoiros de emprego por exemplo. 

Os puntos a favor destas ferramentas son que permiten que organizar a información por temas, os puntos en contra son que non teñen unha versión en castelán e que o Scoop.it resulta unha ferramenta pouco intuitiva, en fin todo será cuestión de familiarizarse co Scoop.it e co inglés técnico...


Para saber máis

Entorno Persoal de Aprendizaxe (PLE)

Ningún comentario:

Publicar un comentario