OS ITINERARIOS PERSONALIZADOS DE INSERCIÓN LABORAL. PROCESO, CARACTERÍSTICAS E APLICACIÓN A DISTINTOS COLECTIVOS
A sesión do 4 de novembro foi impartida por Mayte Deus, e nela comezou comentando os aspectos esenciais do Real decreto 7/2015, do 16 de xaneiro, polo que se aproba a carteira común
de servizos do Sistema nacional de emprego, básico para o noso traballo como Orientadoras/es.
Comezamos por analizar as definicións necesarias para entender o tema e poder unir teoría e práctica na segunda parte da clase.
No Artigo 3 do Real Decreto, se recollen as definicións dos termos seguintes, que Mayte destaca:
- Carteira común de servizos do Sistema nacional de emprego son "o conxunto de servizos comúns cuxa prestación continua, nos termos que establece este real decreto, debe ser garantida en todo o territorio nacional e por todos os servizos públicos de emprego, xa sexa directamente ou a través da súa colaboración con outros axentes"
- Os servicios comúns son aqueles se corresponden cos obxectivos estructurais do Servicio Nacional de Emprego, e os servicios complementarios os que non están incluídos na Carteira Común, pero poden ser incluídos polos Servicios de Emprego das Comunidades Autónomas.
- Os/as usuarios/as poden ser tanto persoas, desempregadas ou ocupadas, que poderán ser demandantes de emprego e servizos ou únicamente solicitantes de servizos, coma empresas, que poderán ser ofertantes de emprego ou solicitantes de servizos.
- As Entidades colaboradoras poden ser persoas físicas ou xurídicas, privadas ou públicas, que colaboran cos servizos públicos de emprego na prestación dos servizos, tales como axencias de colocación, centros e entidades de formación, corporacións locais, etc.
Mayte nos especifica, que o Artigo 4 e seguintes, tamén son importantes á hora de traballar coma Orientador/a, aínda que nos recorda, que tanto as oficinas coma os profesionais, non están preparados en moitas ocasións, para asumilos e pon o exemplo concreto das sesións grupais de Orientación Laboral ou o uso de medios telemáticos para o contacto coas persoas orientadas.
| Relatorio Mayte Deus. Posgrao en Orientación Laboral Aberta (2017) |
O Itinerario Personalizado de Inserción, que é o tema central desta sesión, consiste nunha diagnose da situación individual da persoa orientada, nunha intervención orientadora e nunha supervisión e avaliación continuas, que comprenderá diferentes actividades, e que debe pasar por varias fases, que se presentan de forma gráfica na seguinte imaxe:
Tras a introducción teórica do tema, tocou pasar á práctica, e Mayte proponnos o seguinte traballo práctico a realizar en grupo:
Cada grupo traballa sobre o caso práctico que lle tocou e finalmente facemos un roleplaying. Neste caso unha compañeira e un compañeiro, con experiencia xa no ámbito da Orientación Laboral, escenificaron un caso concreto dun mozo que acude ó Servizo de Orientación Laboral e co que se abre un IPI. Vemos en vivo e en directo o que sería unha sesión de Orientación Laboral e os posibles itinerarios a realizar con ese mozo.
Grazas ó roleplaying e para ir corrixindo e centrando a nosa atención nos aspectos importantes do mesmo, a docente, remata a sesión facendo un compendio dalgunha das ideas que estima esenciais para o noso traballo cos IPIs:
- Debemos traballar coa persoa o seu Currículo (revisalo e darlle instruccións de mellora), e as actividades básicas para a procura de emprego (renovacion da demanda, acudir ás sesións de seguemento, compromiso de actividade, etc.)
- O Currículo Oculto, é moi importante telo en conta á hora da procura de emprego e dentro do itinerario.
- Animar ás persoas usuarias a que digan que están na procura dun emprego, xa que a maioría das colocacións como xa vimos, veñen da rede de contactos.
- Coma Orientadores/as tamén nos debemos coñecer o mercado de traballo, non facendo "orientación nin itinerarios tipo".
- Se fose necesario, en canto a formación, se non tiveramos cursos que se adapten ó perfil da persoa orientada, debemos derivar a outra entidade, e se recollería coma unha actividade máis do IPI.
- Buscar sempre o feedback da persoa orientada. Preguntar máis e deixalo falar.
- O proceso debe contar cun seguemento e unha avaliación continua do noso traballo e do proceso en sí.
- Debemos usar unha linguaxe comprensiva para o/a orientado/a, evitar a linguaxe técnica.
- A duración dos itinerarios. A Xunta estima que non debe durar máis de 6 meses (excepto casos especiais dalgún programa en concreto), pero na realidade, esto non está a suceder, sendo un tempo insuficiente para acadar a inserción tal e como está o mercado de traballo neste momento.
- O peche dos itinerarios: Hai itinerarios abertos e que non chegan a pecharse. Sempre é importante facer unha revisión e peche dos itinerarios.
Por iso é moi importante non só dar instruccións dos pasos a seguir e facer un seguimento dos mesmos, senon que moitas veces, e como paso previo para conseguir o éxito das accións programadas, o orientador ou orientadora debe ter moi presente a súa labor como axente motivador, xa que unha persoa coa autoestima baixa e con desánimo difícilmente poderá emprender accións efectivas cara a procura de emprego.
O empoderamento da persoa usuaria en búsqueda de emprego considerámolo un pilar básico da Orientación, sobre todo naqueles casos onde a situación e o entorno persoal non apoian á persoa demandante, o que desgraciadamente é moi habitual.
Respeto, cercanía, accesibilidade, aceptación, colaboración, dar confianza, transparencia e honestidade son boas recetas para contribuir ó empoderamento das persoas que acuden a nós en busca de apoio e guía.
Aquí deixamos o Storify da sesión:
Para saber máis:
- Itinerarios Personalizados de Inserción. Junta de Andalucía.
- Orientación Laboral e IPI- SPEG
- Guía para la aplicación de un Itinerario Integrado y Personalizado de Inserción Sociolaboral
- Vídeo Motivación para desempleados
![]() |
| Fases dun IPI. Visto en Gettingjob16.blogspot.com |
![]() |
| Relatorio Mayte Deus. Posgrao Orientación Laboral Aberta (2017) |
Cada grupo traballa sobre o caso práctico que lle tocou e finalmente facemos un roleplaying. Neste caso unha compañeira e un compañeiro, con experiencia xa no ámbito da Orientación Laboral, escenificaron un caso concreto dun mozo que acude ó Servizo de Orientación Laboral e co que se abre un IPI. Vemos en vivo e en directo o que sería unha sesión de Orientación Laboral e os posibles itinerarios a realizar con ese mozo.
Grazas ó roleplaying e para ir corrixindo e centrando a nosa atención nos aspectos importantes do mesmo, a docente, remata a sesión facendo un compendio dalgunha das ideas que estima esenciais para o noso traballo cos IPIs:
- Debemos traballar coa persoa o seu Currículo (revisalo e darlle instruccións de mellora), e as actividades básicas para a procura de emprego (renovacion da demanda, acudir ás sesións de seguemento, compromiso de actividade, etc.)
- O Currículo Oculto, é moi importante telo en conta á hora da procura de emprego e dentro do itinerario.
- Animar ás persoas usuarias a que digan que están na procura dun emprego, xa que a maioría das colocacións como xa vimos, veñen da rede de contactos.
- Coma Orientadores/as tamén nos debemos coñecer o mercado de traballo, non facendo "orientación nin itinerarios tipo".
- Se fose necesario, en canto a formación, se non tiveramos cursos que se adapten ó perfil da persoa orientada, debemos derivar a outra entidade, e se recollería coma unha actividade máis do IPI.
- Buscar sempre o feedback da persoa orientada. Preguntar máis e deixalo falar.
- O proceso debe contar cun seguemento e unha avaliación continua do noso traballo e do proceso en sí.
- Debemos usar unha linguaxe comprensiva para o/a orientado/a, evitar a linguaxe técnica.
- A duración dos itinerarios. A Xunta estima que non debe durar máis de 6 meses (excepto casos especiais dalgún programa en concreto), pero na realidade, esto non está a suceder, sendo un tempo insuficiente para acadar a inserción tal e como está o mercado de traballo neste momento.
- O peche dos itinerarios: Hai itinerarios abertos e que non chegan a pecharse. Sempre é importante facer unha revisión e peche dos itinerarios.
Valoración grupal da sesión:
Unha vez temos clara a metodoloxía de traballo a seguir nun Intinerario Personalizado de Inserción Laboral (IPI), convén facer a reflexión sobre a situación anímica do/a usuario/a. Non debemos olvidar en ningún momento a situación de baixa autoestima e desánimo que normalmente acompaña ó/á desempregado/a.Por iso é moi importante non só dar instruccións dos pasos a seguir e facer un seguimento dos mesmos, senon que moitas veces, e como paso previo para conseguir o éxito das accións programadas, o orientador ou orientadora debe ter moi presente a súa labor como axente motivador, xa que unha persoa coa autoestima baixa e con desánimo difícilmente poderá emprender accións efectivas cara a procura de emprego.
O empoderamento da persoa usuaria en búsqueda de emprego considerámolo un pilar básico da Orientación, sobre todo naqueles casos onde a situación e o entorno persoal non apoian á persoa demandante, o que desgraciadamente é moi habitual.
Respeto, cercanía, accesibilidade, aceptación, colaboración, dar confianza, transparencia e honestidade son boas recetas para contribuir ó empoderamento das persoas que acuden a nós en busca de apoio e guía.
Aquí deixamos o Storify da sesión:
Para saber máis:
- Itinerarios Personalizados de Inserción. Junta de Andalucía.
- Orientación Laboral e IPI- SPEG
- Guía para la aplicación de un Itinerario Integrado y Personalizado de Inserción Sociolaboral
- Vídeo Motivación para desempleados


Ningún comentario:
Publicar un comentario