TEMA 11. INTERMEDIACIÓN LABORAL
Neste tema comezamos vendo 3 modelos de intermediación laboral cos que poderíamos actuar segundo as características, condicións e necesidades do usuario do servizo de orientación laboral.
Os modelos de intermediación son:
- Modelo didáctico: pensado para usuarios con alto nivel de autorresponsabilidade. Se lles ofrece consello.
- Modelo de asesoramento: O papel do persoal técnico céntrase en acompañar e asesorar as persoas interesadas a encontrar emprego. Está pensado para usuarios aos que lles resulta complicada a toma de decisións do seu futuro profesional.
- Modelo centrado en recursos: Pensado para persoas con con barreiras persoais, pasividade e que lles custa seguir un proxecto de inserción laboral. Se lle ofrece metas ou obxectivos a curto plazo dende a postura de facilitador de recursos.
Débese lembrar que os modelos deben de funcionar como guías flexibles e complementarias que se adaptan ás necesidades do momento, das persoas que participan no proceso (tanto persoal técnico como persoas usuarias) e dos obxectivos comúns do proceso orientador.
En canto á metodoloxía de intervención debemos destacar 4 elementos básicos:
- A entrevista
- Un "sistema facilitador de inserción" que ordena e relaciona as principais materias
- Unha estratexia xeral de intervención coas persoas que buscan emprego
- Unha metodoloxía na que a persoa é a protagonista pretendendo que se responsabilice do seu propio proceso (Itinerarios).
Sabendo a metodoloxía a seguir, debemos destacar os principios nos que debe basearse a orientación laboral:
- Individualización
- Flexibilidade
- Busca de autonomía ou desenvolvemento
TEMA 12. ITINERARIOS DE INSERCIÓN
No tema anterior falábamos necesidade dunha metodoloxía na que a persoa é a protagonista pretendendo que se responsabilice do seu propio proceso de inserción, e para iso están os itinerarios. O concepto de itinerario aparece ligado á inserción sociolaboral dos colectivos con maiores dificultades, pero aparece tamén, por primeira vez, como un concepto de utilidade con relación á poboación desempregada en xeral (fálase de itinerario individualizado de inserción laboral para previr o desemprego de longa duración) e asociado á formación dos traballadores en xeral (itinerario formativo). Son accións que se organizan dentro dun proceso e teñen como obxectivo a inserción socio-laboral e o desenvolvemento profesional dos usuarios a través do asesoramento individual (entrevistas e tutorías) e grupal (dinámicas de grupo e acción formativas).
Un itinerario ten as seguintes fases:
- Acollida.
- Diagnóstico
- Seguimento
- Feche
En cada fase ensínannos ferramentas para traballar o diagnóstico ou empregabilidade do usuario.
![]() |
| DAFO como exemplo de ferramenta de mellora da empregabilidade |
TEMA 13. PROCESOS INDIVIDUAIS DE ORIENTACIÓN E AXUDA NA TOMA DE DECISIÓNS.
Metémonos directamente na entrevista definíndoa coma un proceso de comunicación entre dúas ou máis persoas que ten como finalidade ben definida: determinar a adecuación do/a candidato/a a un determinado posto de traballo.
Imos falar das funcións de cada unha das partes da entrevista.
- Funcións do entrevistador:
- Demostrar que pode, sabe e quere desenvolver as tarefas do posto
- Profundar e ampliar toda a información exposta no currículo
- Transmitir confianza nun mesmo para a realización das tarefas do posto de traballo
- Reunir información referente ao posto de traballo e á empresa
- Argumentar os motivos polos que lle interesa o posto
- Funcións do entrevistador:
- Avaliar ata que punto unha persoa é válida para un posto
- Comprobar as informacións máis relevantes para o posto de traballo
- Valorar actitudes, motivación, interese polo traballo e dispoñibilidade
- Avaliar a coherencia entre a súa situación, as súas expectativas e o desempeño do posto de traballo
Sabendo as funcións de cada unha das partes da entrevista, agora imos ver qué tipos de entrevista hay e por qué.
![]() |
| Tipos de entrevista. Mayte Deus |
En canto ás partes da entrevista, debemos destacar ás seguintes:
- Presentación
- Desenvolvemento.
- Introducción
- Recepción
- Saúdo e presentacións
- Conversación introdutoria
- Aclaracións respecto da entrevista
- Formación
- Experiencia profesional
- Avaliación de coñecemento
- Motivación
- Antecedentes persoais e familiares
- Autovaloración e conclusión
- Feche
- Aclaración de dúbidas
- Despedida
A entrevista debe permitir á persoa pensar sobre as súas necesidades, os seus desexos e as súas posibilidades á hora de emprender un camiño enfocado ao cambio na súa vida. Desta maneira, a entrevista ocupacional ou primeira entrevista persoal é xa unha actividade de orientación que incita á reflexión e que pode promover pequenas transformacións, polo menos no autocoñecemento e a autopercepción que a persoa ten de si mesma.
Cabe destacar a entrevista por competencias que permítenos diferenciar o rendemento medio do excelente, diferéncianos dos nosos competidores e achéganos valor engadido que favorece a atracción e retención do potencial. As competencias son as habilidades que unha persoa tivo que utilizar para conseguir uns resultados. Son condutas e maneiras de facer dos que presentan un resultado excelente.
TEMA 14. ANÁLISE DE PERFÍS PROFESIONAIS E PROSPECCIÓN DE EMPREGO
O análise de postos de traballo convértese nunha tarefa fundamental para calquera orientador/a laboral o coñecemento dos postos de traballo existentes, os potenciais xeradores de ocupación e as características principais que definen cada unha das ocupacións.
A procura de información favorece a interacción entre o contexto laboral permitindo á persoa ampliar o coñecemento sobre as demandas do mercado laboral, e as posibilidades de ocupación. Tamén facilita a capacidade de análise, unha das competencias transversais máis destacadas, xa que a persoa aprende a identificar os compoñentes dunha situación e ponos en relación ás súas posibilidades e capacidades.
A procura de información favorece a interacción entre o contexto laboral permitindo á persoa ampliar o coñecemento sobre as demandas do mercado laboral, e as posibilidades de ocupación. Tamén facilita a capacidade de análise, unha das competencias transversais máis destacadas, xa que a persoa aprende a identificar os compoñentes dunha situación e ponos en relación ás súas posibilidades e capacidades.
O que buscamos é darlle autonomía propia ao usuario, polo que un dos exercicios para traballar a análise do posto de traballo consiste en propor ao usuario que busque información en diferentes fontes sobre as ocupacións obxecto do estudio e identifique cales son as principais características que ofrecen e demandan no posto de traballo, traballando tamén de esta forma a falta de independencia.
En canto á Prospección de empresas podémos definila como a acción de informar, asesorar e detectar necesidades das empresas, así como achegar solucións, ademais de sensibilizar ao empresariado sobre o colectivos obxecto de inserción laboral e das súas oportunidades como traballadores/as ou outros aspectos de interese para o desenvolvemento de actitudes de responsabilidade social.
Ata o momento, seguiu principalmente un enfoque orientado ao coñecemento e descrición da oferta, é dicir dos postos de traballo que conforman a estrutura empresarial. Tamén existe, doutra banda, prospección orientada á demanda de emprego, ao coñecemento e descrición dos perfís profesionais de determinados colectivos de desempregados/as, encamiñada especificamente á inserción laboral.
Por tanto, a prospección de empresas que parte da demanda consiste na promoción de accións de difusión e sensibilización na contorna social e laboral, para fomentar:
- As oportunidades de emprego das persoas con dificultades de inserción
- O coñecemento por parte do empresariado dos recursos humanos dispoñibles
As fases da prospección son:
- Preparación
- Planificación
- Traballo de Campo
- Avaliación e seguemento
TEMA 15. TÉCNICAS E FERRAMENTAS PARA O ACCESO AO EMPREGO E AUTOEMPREGO
Hai unha ampla variedade de canles polas que circulan as ofertas de emprego:
- Bolsas de emprego
- Prensa escrita
- Boletins oficiais e emprego público.
- Intermediarios entre a oferta e a demanda
- Autocandidaturas.
- Rede de contactos
- Networking
Igual que hai unha ampla variedade de canles, tamén hai de ferramentas:
- Currículum Vitae
- Carta de presentación
- Videocurrículum
- Ferramentas 2.0
No Currículum Vitae hai contido que nunca debe faltar, estos contidos son:
- Datos persoais
- Formación
- Experiencia profesional
- Idiomas
- Informática
En canto ao contido opcional están:
- Obxectivo profesional
- Competencias crave
- Referencias
- Logros
- Voluntariado
- Afeccións
- Publicacións ou premios
En canto ao modelo de CV debemos destacar os seguintes:
- Cronolóxico
- Existe neste unha variedade cronolóxica inversa
- Funcional
- Por competencias
- Europass
- Contén cinco documentos:
- O currículo vitae europass
- Pasaporte de linguas Europeas
- Suplemento Europass ao Título/ Certificado
- Suplemento Europass ao Título Superior
- Documento de Mobilidade Europass
![]() |
| Currículum Vitae Europass |
TEMA 16. A ELABORACIÓN DO PLAN DE EMPRESA
O Plan de Empresa é un documento onde a persoa emprendedora consegue
darlle forma á idea ou concepto inicial co que vai pór en marcha a súa
propia empresa. No devandito documento a persoa emprendedora reflexiona e
plasma as cuestións máis importantes e significativas da posta en
marcha e funcionamento do seu proxecto de nova empresa. É unha ferramenta de comunicación tanto interna como externa.
Posto que a súa finalidade é lograr rendibilidade, as primeiras cuestións que ha de resolver a empresa vertébranse ao redor de tres cuestiones clave que constitúen os
obxectivos de toda investigación de mercado e poden concretarse en:
- A que actividade se vai dedicar a empresa?
- Cal é e como é o mercado no que operará?
- Como se conseguirá vender?
Para coñecer o mercado que pretendemos abarcar, temos que ser conscientes de todas as variables de mercadotecnia que inflúen no noso proxecto emprendedor:
- Producto
- Prezo
- Distribución
- Comunicación
Facer un estudio de mercado, coñecer a súa segmentación, a estratexia que temos que seguir, previsión de vendas, análisis económico e financieiro... todo isto é necesario para o bo desarrollo do plan de empresa.
VALORACIÓN PERSOAL DO MÓDULO 3
Aínda que penso que os contidos estiveron moi ben, penso que o tempo adicado a este marco instrumental debería ser maior.
En canto ao que penso que máis me vai a axudar son os coñecementos en ferramentas que descoñecía na súa totalidade ou en parte como son os itinerarios ou plans de empresa. Resultoume tamén moi interesante o desenvolvemento teórico da labor do prospector laboral.
Para saber máis:



Ningún comentario:
Publicar un comentario