RESUMO MODULO 3: MARCO INSTRUMENTAL
Mariana Rodriguez-Losada
TEMA 11: INTERMEDIACIÓN LABORAL
MODELOS DE INTERVENCIÓN EN ORIENTACIÓN LABORAL
Os modelos de intervención non deber ser usados como marcos ríxidos senón como sistemas alternativos, que poden utilizarse en función de: a) persoas ou colectivos a atender, b) tipo de actuación e dos c) obxectivos
-Modelo didáctico. Baseáse na orientación vocacional, o orientador é un guía, actuando en intervencións puntuais
-Modelo de asesoramento: se intenta axudar ás persoas a planificar o seu papel na vida. Acompañar e asesorar para encontrar emprego
-Modelo centrado nos recursos: proceso facilitador para a emerxencia dos recursos das persoas usuarias.
Os modelos deben de funcionar con flexibilidade e de maneira complementaria adaptandose ás necesidades do momento, as persoas coas que participan no proceso e aos obxectivos comúns do proceso orientador.
MARCO METODOLÓXICO DE INTERVENCIÓN EN ESPAÑA
A Orientación Laboral carece en España dun marco académico determinado.
Non obstante, existen peculiaridades que fan preciso que se leve a cabo unha elaboración de pautas e metodoloxías de traballo:
- A heteroxeneidade do colectivo de desempregados.
-A peculiaridade do contexto sociocultural que acompaña a tarefa de buscar traballo.
Co Plan Nacional de Acción para o Emprego, considerase a atención individualizada como a más idónea para levar a cabo a Orientación Profesional.
MODELO DE METODOLOXÍA DE INTERVENCIÓN
O Modelo metodolóxico consta de catro elementos básicos:
A entrevista como técnica básica de atención/intervención individual.
Un sistema "facilitador de inserción".
Unha estratexia xeral de intervención coas persoas que buscan emprego ( centrada nos recursos do/a usuario/a).
Baseado en Itinerarios. A persoa é a protagonista.
PRINCIPIOS NOS QUE DEBE BASARSE A ORIENTACIÓN LABORAL.
1. INDIVIDUALIZACIÓN: debe responder ás necesidades e circunstancias de cada participante. O orientador e os métodos deben adaptarse a cada persoa.
2. FLEXIBILIDADE: debe permitir os axustes necesarios ás necesidades e os cambios na persoa orientada.
3. DESENVOLVEMENTO/BUSCA DE AUTONOMÍA: debe potenciar a autonomía de cada participante.
ACCIÓNS A REALIZAR:
-Atención individualizada: facilitar o densenvolvemento dos recursos e competencias da persoa que lle permitan identificar opcións, elixis entre estas, tomar decisións para planificar actuacións e avaliar os seus resultados de forma autónoma.
-Accións grupais: talleres de Recursos Persoais e talleres de Búsqueda de Emprego.
ATENCIÓN Á DIVERSIDADE: IGUALDADE E INCLUSIÓN SOCIAL
Os colectivos vulnerables teñen un camiño máis complexo de acceso ao mercado laboral, xa que se atopan nunha situación de desvantaxe social.
Podemos falar de dous grandes grupos de factores que afectan a persoas en situación de vulnerabilidade ante o emprego:
- Os relacionados cos obstáculos existentes na sociedade ( estereotipos, prexuízos, ect).
-Os que fan referencia ás dificultades propias das persoas que se atopan nesta situación( falta de formación, experiencia, habilidades sociais, hábitos laborais, baixa autoestima, ect).
Para poder favorecer a este colectivo de persoas é preciso realizar unha boa diagnose inicial, é dicir, coñecer a situación de partida co fin de orientar a intervención en función das necesidades reais.
Por exemplo, para mellorar a empregabilidade das persoas con diversidade funcional é necesario analizar as problemas engadidas, as necesidades de traballo no entorno e a necesidade de establecer un Servizo de Orientación Laboral específico para este colectivo de persoas.
TEMA 12: ITINERARIOS DE INSERCIÓN
A orientación laboral é a porta de entrada ás políticas activas de emprego. O orientador é un facilitador, axúdanos a conseguir emprego, facilita as ferramentas, axúdanos a identificar o noso perfil profesional, asesóranos acerca das tendencias do mercado.
Debido as carácterísticas cambiantes do actual mercado laboral, faise necesaria a formación continua o longo da vida laboral.
Un Itinerario Personalizado de Inserción é un conxunto de accións onde se reflexiona sobre a empregabilidade e o desenvolvemento profesional dos usuarios.
FASES DUN ITINERARIO:
Acollida: Primeira toma de contacto onde se explican as características do servizo, se delimitan os roles, créase un vínculo de confianza e se valora a motivación do usuario.
Diagnóstico da empregabilidade:
· Características personais: traxectoria laboral, situación social e familiar, intentar descubrir o curriculum oculto.
· Actitudes e aptitudes: Hábitos na búsqueda de emprego, habilidades para o emprego, actitudes cara o emprego e a formación.
Devolución e compromiso:
Devolver información á persoa que lle permita: tomar decisións, fixar u percorrido ou itinerario, establecer un compromiso de participación.
Seguimento e acompañamento:
Unha vez alcanzados e consensuados uns compromisos de actividades a levar a cabo polo usuario establécense unhas serie de entrevistas de seguimento e acompañamento para conseguir:
Valorar o grao de desenvolvemento e aproveitamento dos obxetivos.
Recordar a utilizade do IPI
Favorecer a actitude positiva, para que a persoa se sinta acompañada no proceso de cambio.
Facilitar a toma de decisións, aclarar, confrontar, desdramatizar.
Entrevista de mantemento:Unha vez o usuario conseguiu o obxectivo, atopar traballo:
Falar das novas necesidades.
Información laboral sobre o posto de traballo atopado.
Reforzar o progreso de autonomía.
Avaliar as competencias adquiridas.
Peche do itinerario:Non sempre de consegue a inserción laboral dentro dun itinerario:
pero a persoa si obtivo unha mellora na súa autonomía.
Pódese avaliar os cambios e logros obtidos no proceso.
Pódense sinalar perspectivas de futuro.
O usuario dáse de baixa.
O orientador laboral da por finalizado o proceso.
TEMA 13: PROCESOS INDIVIDUAIS DE ORIENTACIÓN E AXUDAS NA TOMA DE DECISIÓNS
A entrevista no proceso de orientación laboral é o instrumento que se emprega co obxetivo de asesoramento e como medio de selección de persoal.
O orientador debe avaliar se o usuario é valido para o posto de traballo que aspira: se Sabe, se Pode e se Quere. Valorar as actitudes, motivacións, coherencia entre a súa situación e as súas expectativas.
É importante dar unha boa impresión, vestirse de forma adecuada o posto que se opta, dar a man con forza, ter unha expresión relaxada e acorde coa nosa imaxe, manter o contacto visual, evitar os tics, apagar o móbil, ser puntual e dar a man con forza.
Valórase ser un bo comunicador, mostrar capacidade de organización, ser agradable, maduro e iniciatíva.
A entrevista de Orientación Laboral, tratará de indagar, non so nos aspectos e cuestións académicas ou laborais, senón sobre todo nos aspectos que forman o curriculum oculto da persoa e valorar o punto de partida e o nivel de empregabilidade.
A entrevista de Orientación Laboral, tratará de indagar, non so nos aspectos e cuestións académicas ou laborais, senón sobre todo nos aspectos que forman o curriculum oculto da persoa e valorar o punto de partida e o nivel de empregabilidade.
Coa información recollida, formación, experiencia, habilidades desenvolvidas, grao de autonomía, autoestima, situación familiar, valoraremos a posición da persoa cara o emprego e en que debemos de incidir no itinerario.
Para que a persoa se sinta ben recibida, tranquila e segura, temos que procurar:
Actitude aberta, próxima
Escoita activa, preguntas abertas
Utilizar formulacións positivas que favorezan a comunicación
Lugar acolledor, sen interrupcións.
A primeira entrevista persoal é xa unha actividade de orientación que incita á reflexionar e producir pequenas transformacións de autocoñecemento e a autopercepción que a persoa ten de si mesma.
A entrevista debe permitir a persoa pensar sobre as súas necesidades, os seus desexos e as súas posibilidades.
Entrevista de selección por competencias: baséase no propio rendemento profesional, nas condutas observables. O obxectivo é poder predicir o futuro rendemento e desempeño da persoa candidata ao posto de traballo
As preguntas fanse a partir da análise do posto de traballo
Fanse as mesmas preguntas a todas as persoas candidatas
Realízase o mesmo proceso con todas as persoas candidatas
A decisión de contratación tómase despóis de rematar todas as entrevistas
A orientación laboral na UE:
Na actualidade os distintos Estados da UE teñen sistemas do orientación diferentes, debido a que os sistemas educativos e laborais son diferentes, pero dentro de esta dimensión europea preténdese que exista un intercambio de información e de experiencias co obxectivo de producir un desenvolvemento armonioso que teña en conta as diferenzas de cada país pero que teña unha dimensión europea. Os servizos de orientación laboral teñen un papel importante porque van ligados as políticas activas de emprego.
TEMA 14: ANÁLISE DE PERFÍS PROFESIONAIS E PROSPECCIÓN DE EMPREGO
ANÁLISE DE POSTOS DE TRABALLO:
Tarefa fundamental para calquer orientador laboral é coñecer os perfís profesionais dos postos de traballo, as características principais das ocupacións, así como dos perfís competenciais asociados.
Traballo con grupos:
Esta metodoloxía favorece a interdependencia positiva e ven potenciadas as competencias transversais de relación
O plan de empresa é un documento que identifica, describe e analiza unha oportunidade de negocio. Documento co que a persoa emprendedora lle da forma á idea, reflexiona e plasma as cuestións máis significativas da nova empresa, examina a súa viabilidade técnica, económica e financeira, e desenvolve todos os procedementos e estratexias necesarias para converter a oportunidade de negocio nun proxecto empresarial que se materialice na creación dunha nova empresa.
O exercicio principal para traballar a análise do posto de traballo consiste en propor o usuario que busque información sobre as ocupacións que quere desempeñar así como identificar as principais características que ofrecen e demandan no posto de traballo.
A procura de información favorece a interacción entre o contexto laboral e as posibilidades e ocupación. Facilita a capacidade de análise, unha das competencias transversais máis detacadas.
A función do orientador e asesorar e dar as ferramentas necesarias para que a persoa aprenda a identificar que información precisa e poida mobilizar os recursos e mecanismos adecuados para conseguilo.
É importante que a persoa adquira autonomía, non crear dependencias .
Pasos para guiar:
- Listar fontes de búsqueda de información
- Buscar e recoller información pertinente
- Valorar intereses e motivaciones
- Análise funcional e transferencia das competencias
- Buscar e recoller información pertinente
- Valorar intereses e motivaciones
- Análise funcional e transferencia das competencias
Traballo con grupos:
Esta metodoloxía favorece a interdependencia positiva e ven potenciadas as competencias transversais de relación
NOVOS PERFÍS PROFESIONAIS:
O mundo está a cambiar, e traerá novas profesións e tendencias.
a) O mundo se carateriza pola globalización, xa non hai freonteiras.
b) Existen novos formatos e horarios
c) A retención do talento faise clave.
d) O efecto das novas tecnoloxías: desaparecen unhas tarefas e aparecen outras novas. Necesidade continua de formación
e) Habilidades comunicativas
PROSPECCIÓN EMPRESARIAL:
A prospección permite coñecer a realidade das empresas e das súas necesidades, e deste xeito contribuir á toma de decisións en canto ás políticas activas de emprego.
Fases da prospección:
Fases da prospección:
Fase preparatoria: Prodúcese antes de comenzar o desenvolvemento dunha prospección de empresas, consiste en delimitar a finalidade da mesma, os seus obxetivos e ámbitos de actuación.
Fase de planificación: Facer unha coordinación previa a actuación. Hai que identificar e recompilar información das empresas , crear unha base de datos, preparar material e documentación que imos achegar, difundir as actividades a realizar dentro dun plan de comunicación/marketing.
Fase de traballo de campo: fai referencia á propia prospección onde se produce a interacción e intercomunicación entre prospector/a e empresa, así como, a toma de decisións en función da finalidade mesma da prospección .
Fase de avaliación e seguimento: trata de analizar a información recollida e buscar solucións ou satisfacer as necesidades detectadas.
No caso concreto dunha prospección para a inserción laboral, ha de lembrarse que a fase de campo ten como obxecto concretar un programa de inserción.
De antemán, existe un colectivo de persoas con gran dificultade para incorporarse ao mercado laboral e o seu labor é informar, sensibilizar e concienciar á empresa deste feito e do interese que representa, e lograr así a incorporación deste colectivo á empresa, ben sexa a través de prácticas ou dun contrato laboral.
TEMA 15: TECNICAS E FERRAMENTAS PARA O ACCESO AO EMPREGO E O AUTOEMPREGO
Existe unha gran variedade de canles para a procura de emprego, coñecer as ventaxas e os inconvintes axudará para decidir cales utilizar ou descartar.
Ferramentas para a procura de emprego:
Carta de presentación + Currículo Vitae. ( cronolóxico, funcional, por competencias, europass, C.V. creativo, videocurrículo)
Ferramentas con soporte 2.0 ( linkedIN, about.me, portafolios dixital, pinterest, bloguer, páxina web profesional, twitter, facebook, networking …)
É importante darlle a coñecer os usuarios de orientación que as entrevistas de traballo son unha ferramenta de venda de un mesmo e polo tanto hai que prestarlle a importancia que ten e adicarlle o tempo para a súa preparación.
Trátase dun momento no que se pon de manifesto as habilidades sociais e emocionais, así como as aptitudes personais.
Os entrevistadores poden ser amables e outros non tanto. As veces forma parte do estilo persoal do entrevistador pero outras moitas a actitude que mostran é unha estratéxia .
Unha boa forma de preparar as entrevistas, a parte da titorización, poden ser as accións grupais onde se poden compartir experiencias de primeira man.
Recursos para o autoemprego
Tarefa dos orientadores fomentar espíritu emprendedor e potenciar actitudes positivas ante a cultura emprendedora.
Para iso temos que coñecer:
IGAPE. Instituto galego de promoción económica
Consellería de economía, emprego e Industria
Consello Galego de cooperativas
Rede Eusumo
Oficina do empregador
Cámaras de comercio
Asociacións empresariais
TEMA 16: PLAN DE EMPRESA
O plan de empresa é un documento que identifica, describe e analiza unha oportunidade de negocio. Documento co que a persoa emprendedora lle da forma á idea, reflexiona e plasma as cuestións máis significativas da nova empresa, examina a súa viabilidade técnica, económica e financeira, e desenvolve todos os procedementos e estratexias necesarias para converter a oportunidade de negocio nun proxecto empresarial que se materialice na creación dunha nova empresa.
CONTIDOS DO PLAN DE EMPRESA 1. Introdución. 2. Estudo de mercado. 3. Plan comercial. 4. Plan de organización e recursos humanos. 5. Aspectos legais. 6. Estudo económico - financeiro. 7. Conclusións: viabilidade. 8. Resumo executivo. 9. Anexos.
ANALISE DAFO: Análise periódico de reflexión sobre aspectos internos (fortalezas a potenciar, e debilidades a superar ou minimizar), así como aspectos externos (ameazas a evitar, e oportunidades a aproveitar). Obxecto: comprender cales son os factores claves do éxito, determinar o posicionamento no seu contorno competitivo e deseñar a estratexia que lle proporcione avantaxe competitiva.
PREVISIÓN DE VENDAS, A MERCADOTECNIA (Produto, prezo, distribución e comunicación), A ESTRATEXIA E A SEGMENTACIÓN DO MERCADO.
REFLEXIÓN:
Neste módulo entramos de cheo na actividade da Orientación laboral, o primeiro tema é de encadramento dos modelos metodolóxicos, das tendencias actuais na profesión, tamén fai unha achega á orientación a persoas con discapacidade, coa importancia que tén especializarse neste campo.
Tamén se nos amoxa a metodoloxía e os pasos a seguir en calquera itinerario personalizado de inserción, incidindo moito nas actitudes do orientador cara a conseguir os obxectivos da orientación. Sin olvidar a parte importantísima da labor de orientación, que é a prospección e o coñecemento das empresas locales, para poder informar adecuadamente das ofertas e posibilidades do mercado os nosos usuarios na súa procura de emprego.
No primeiro momento antes de comezar o proceso de Orientación, é fundamental coñecer ás características do usuario que temos diante, as suas capacidades, os seus intereses e motivacións, facer un bó diagnóstico e adecualo á realidade do mercado, é esencial para acadar o éxito na consecución dos obxectivos plantexados, que sempre termos que poñer en común co noso orientado.
Tamén dánse as pautas para o asesoramento no caso de orientación para o autoemprego, cunhas nociones moi axeitadas para poder axudar ós nosos usuarios na execución dun plan de empresa que ó axude á toma de decisión á hora de coñecer a viabilidade do proxecto, e as necesidades para o arranque do negocio.
ANALISE DAFO: Análise periódico de reflexión sobre aspectos internos (fortalezas a potenciar, e debilidades a superar ou minimizar), así como aspectos externos (ameazas a evitar, e oportunidades a aproveitar). Obxecto: comprender cales son os factores claves do éxito, determinar o posicionamento no seu contorno competitivo e deseñar a estratexia que lle proporcione avantaxe competitiva.
PREVISIÓN DE VENDAS, A MERCADOTECNIA (Produto, prezo, distribución e comunicación), A ESTRATEXIA E A SEGMENTACIÓN DO MERCADO.
REFLEXIÓN:
Neste módulo entramos de cheo na actividade da Orientación laboral, o primeiro tema é de encadramento dos modelos metodolóxicos, das tendencias actuais na profesión, tamén fai unha achega á orientación a persoas con discapacidade, coa importancia que tén especializarse neste campo.
Tamén se nos amoxa a metodoloxía e os pasos a seguir en calquera itinerario personalizado de inserción, incidindo moito nas actitudes do orientador cara a conseguir os obxectivos da orientación. Sin olvidar a parte importantísima da labor de orientación, que é a prospección e o coñecemento das empresas locales, para poder informar adecuadamente das ofertas e posibilidades do mercado os nosos usuarios na súa procura de emprego.
No primeiro momento antes de comezar o proceso de Orientación, é fundamental coñecer ás características do usuario que temos diante, as suas capacidades, os seus intereses e motivacións, facer un bó diagnóstico e adecualo á realidade do mercado, é esencial para acadar o éxito na consecución dos obxectivos plantexados, que sempre termos que poñer en común co noso orientado.
Tamén dánse as pautas para o asesoramento no caso de orientación para o autoemprego, cunhas nociones moi axeitadas para poder axudar ós nosos usuarios na execución dun plan de empresa que ó axude á toma de decisión á hora de coñecer a viabilidade do proxecto, e as necesidades para o arranque do negocio.
PARA SABER MAIS:





Ningún comentario:
Publicar un comentario