domingo, 5 de novembro de 2017

Invitación entrada amiga. Aplicacións que axudan a orientar. Autor: Eva Uriach


En primeiro lugar quixera agradecer a invitación para escribir neste blogue dos meus compañeiros de "Empregándonos", espero estar á altura deste espazo e poder aportar algo que sexa de interese para todos. 

Tal e como estamos vendo no tema 6 do Posgrado de Orientación laboral, unha das competencias fundamentais que ten que posuir un bo orietador é a de saber analizar os perfís profesionais e levar a cabo unha boa prospección do mercado laboral. As competencias que engloba esta dimensión permiten o desenvolvemento de funcións como: coñecer a oferta e a demanda de emprego existente no contexto próximo ao usuario, saber analizar mediante prospección os sectores de actividade onde poida ocupar postos de traballo e elaborar e manter actualizada unha base de datos propia que nos axude na nosa labor diaria. 


Lendo con detalle estas competencias pareceme moi últil levar a cabo esta entrada no blogue dos meus compañeiros falando dunha serie de aplicacións que coñezo de preto e que elabora e difunde o Instituto Galego das Cualificacións para mostrar unha completa e útil información que considero pode ser empregada por moitos dos nosos compañeiros e tamén polos nosos usuarios.

Estas aplicacións as podemos atopar na seguinte ligazón:

PINCHA AQUI.  APLICACIÓNS MERCADO LABORAL GALICIA




Unha vez que pinchamos neste enlace, podemos ter acceso a catro aplicacións que teñen relación directa co mercado de traballo e tamén un acceso directo ás publicacións e informes que leva a cabo o Instituto Galego das Cualificacións periódicamente.

En concreto as aplicacións son:

DATOS DE OCUPACIÓNS 




A publicación "Datos de ocupacións" fai referencia aos 100 grupos ocupacionais máis contratados en distintos ámbitos territoriais galegos: autonómico, provincial e comarcal, incluíndose unha pequena análise descritiva da súa situación en cada mercado laboral. O informe é anual. A metodoloxía está detallada ao inicio desta aplicación sendo moi interesante botarlle unha ollada xa que se empregan uns indicadores de tendencia, de ocupabilidade e de estabilidade que enriquecen os datos traballados co fin de que a análise efectuada sexa máis técnica e axeitada á realidade do mercado laboral. 


INDICADORES DO MERCADO LABORAL


A seguinte ferramenta que podemos atopar e que está a disposición pública é a de "Indicadores do mercado laboral" con datos de paro rexistrado, contratos e afiliacións de empresas e traballadores á Seguridade Social. 



Os datos para levar a cabo os informes desta ferramenta saen da base de datos de demandantes rexistrados e de contratos nas oficinas de emprego do Servizo Público de Emprego de Galicia. A vantaxe desta aplicación e que permite levar a cabo informes "á carta" con cruces de diferentes variables (sexo, idade, nivel académico...) a nivel autonómico, provincial e comarcal sendo os datos constantemente actualizados, mes a mes. O mesmo acontece cos datos de afiliacións á Seguridade Social pero tendo como fonte dos mesmos a Tesouraría Xeral da Seguridade Social. 

Un avance desta aplicación é a posibilidade de facer gráficos e mapas cos datos que nos precisemos e podemos importalos como precisemos. 

INFORMES DE MOBILIDADE


O último informe publicado polo INE no pasado mes de outubro sobre a mobilidade xeográfica (http://www.ine.es/prensa/emlg_2017.pdf) indica que mentres que os desprazamentos dos ocupados reduciuse no ano 2017, a movilidade entre os desempregados aumentou por segundo ano consecutivo. Son datos para a totalidade de España. 

A procura de oportunidades noutros territorios e sobre todo en épocas de crise, fai incrementar os movementos entre rexións co obxectivo de acadar unha mellor inserción no ámbito laboral. Os datos que fan referencia a este tipo de movilidade están sempre presentes en todos os debates relacionados co mercado laboral e, deste xeito, surxe a necesidade de poder contabilizar os contratos que levan consigo desprazamento para poder analizar a súa evolución. Considero que a disposición desta información é moi relevante tanto para os orientadores como para os orientados. 

O obxectivo da aplicación "Informes de mobilidade" é o de describir os desprazamentos dos traballadores que cambian de residencia por motivos de traballo e os fluxos que se establecen entre CCAA, provincias e concellos, todo iso, en base aos datos que proporciona a base de datos de contratos do Servizo Público de Emprego de Galicia. 
Ademais esta información podemos atopala por sexo, por idade, por sector, por ocupación, por nivel académico e tipoloxía de contratación. 




A MIÑA PROFESIÓN


Por último, pero non menos importante, presento a ferramenta denominada "A miña profesión" a través da cal podemos obter moita información sobre as profesións e a súa relación co mundo laboral e formativo. Está dirixida tanto a profesionais (estudiosos, empresarios, orientadores laborais, traballadores, xestores ou técnicos en xeral) como a mozos que comezan a buscar traballo ou parados que queren reorientar o seu futuro profesional. 

A través das opcións que nos ofrece este espazo podemos realizar búsquedas partindo da nosa profesión e coñecendo o perfil profesional que está unido a ela, os principais datos desta profesión no mercado laboral (cantos parados existen, en qué lugares, ou onde se produce un maior número de contratacións..) ademais da formación necesaria para obtela ou formación complementaria relacionada. 
Os compañeiros do País Vasco (Lanbide) tamén teñen unha aplicación moi similar chamada "Mi profesión".






Sempre estiven moi dacordo co lema “a información é poder” pero sempre que sepamos empregala adecuadamente e moito máis se cabe neste ámbito no que nos desenvolvemos profesionalmente, onde comprobamos como cada día tanto os datos como a información e a normativa que manexamos, cambia a un ritmo vertixinoso. Debemos sacar o maior proveito profesional a todas os mecanismos que temos ao noso alcance neste campo para poder trasladalo a todas aquelas persoas que así o precisan.

Ata aquí a miña entrada, espero que non vos aburrira moito con este tema e déixovos cun video do INE que fala sobre a Enquisa de Poboación Activa, tema que está altamente relacionado con todo o falado nesta breve entrada. Moitas grazas.





PARA SABER MÁIS



Ningún comentario:

Publicar un comentario