Corría o ano 2011 cando un xoven cheo de ilusión rematou a súa diplomatura en Relacións Laborais e adentrábase na selva do mundo laboral. O seu único interese nese momento era saír do sector hostelería, na que traballou nunhas condicións moi precarias, e introducirse no que realmente lle motivaba: RRHH.
Lamentablemente, eran malos anos para o emprego polo que este rapaz decidiu seguir formándose e optou por facer o Master Universitario en Xestión en Dirección Laboral, no que tivo contacto por primeira vez co mundo de RRHH. As prácticas desta titulación levárono ao SERGAS facendo labores de técnico de RRHH.
Despois de pasar por varias asesorías, atopouse coa posibilidade de traballar no Concello de Vigo e adentrouse no mundo do fomento de emprego e inserción laboral. Xestionou subvencións de creación de empresas e contratación en entidades sen ánimo de lucro e atopou a súa verdadeira vocación, o traballo onde se sentía cómodo e realizado. Neste posto fixo moi boas migas con Xosé Alberte Cea, un orientador laboral do Concello ao que lle colleu especial cariño e que agora ten como persoa a seguir profesionalmente.
Ao quedar no paro, o protagonista da historia comezou a opositar a subinspección de emprego e seguridade social, mais o longo proceso e a falta de motivación fixo que o deixara despois de 2 anos, e, por esta razón, está facendo neste momento o Posgrao de especialización en orientación laboral.
Aquí está a súa nube de intereses profesionais:
![]() |
| Intereses profesionais despois de atopar a súa vocación |

Ningún comentario:
Publicar un comentario