luns, 30 de outubro de 2017

Reflexión Grupal Sesión presencial: O noso PLE (06/10/2017)


   De todas as sesións presenciais do Posgrao en Orientación Laboral Aberta, decidimos escoller a do 6 de Outubro de 2017, de 16:00 a 20:30, para reflexionar, porque cremos que de todas as sesións de ata agora, foi a máis intensa e na que traballamos máis duramente, a parte de ser moi instructiva en canto a ferramentas 2.0 de procura, xestión e almacenamento da información.

   A sesión foi impartida por Carlos Parada Gandos que xa nos tiña avisado de que ía ser intensa, pero non pensamos que sería unha clase na que a nosa atención tivese que estar o 100% a cada minuto. Seguro que todos saímos, esa tarde "infoxicados" da cantidade de información nova e ferramentas coas que Carlos "nos bombardeou", pero tamén saímos cunha mochila chea de ferramentas descoñecidas para moitos de nós coas que poder traballar na rede e que son e serán de moita utilidade para o noso traballo actual e futuro.

xoves, 26 de outubro de 2017

Reflexión sobre o meu PLE INICIAL


REFLEXIÓN SOBRE O MEU PLE INICIAL


     Igual vos atopades coma min cando escoitei esto de PLE...Pensei... ¿Qué é iso? ¿Eu teño un PLE? Eu non uso diso. A medida que Carlos Parada, nos ía explicando en qué consistía esto do PLE fun dándome conta de que sí, que eu tiña un PLE, cativo, pero un PLE, o fin e o cabo.

  As siglas PLE son o acrónimo de Personal Learning Environment (Entorno Personal de Aprendizaxe), unha maneira de entender como se aprende e unha maneira de aprender concreta, que se leva a cabo nun ecosistema concreto que é o das TICs.

     Para que vos fagades unha idea, vouvos a mostrar o meu PLE INICIAL. Non vos fixedes moito no debuxo (o esencial é a intención) senón na idea que representa. As ferramentas e servizos web que utilizo para aprender, para compartir información, para relacionarme, para crear contidos, etc.

Twitter @beacaneda

     Supoño que tras finalizar o Posgrao en Orientación Laboral Aberta e todas as clases con Carlos (@carpaga), o meu PLE será moito mellor. De feito, no momento no que escribo esta entrada xa o é. Podo engadir dúas novas ferramentas:

xoves, 19 de outubro de 2017

O entorno persoal de aprendizaxe (PLE) e ferramentas para melloralo: Feedly e Scoop.it

Primeiramente conceptualizaremos o PLE (Personal Learning Environment) como as fontes de información de onde aprendemos e atopamos contido ou coñecementos útiles para o noso obxectivo. Estas fontes de información poden ser moi diversas, dende redes sociais ou páxinas web a blogs, boletíns oficiais ou prensa. Evidentemente cada persoa marcará as súas fontes de información ou consulta, xa que como anteriormente dixemos, cada un constitue o seu PLE según os fins que procura.





REFLEXIONES SOBRE MI PLE, LA NUEVA FORMA DE APRENDER
Por Mariana Rodriguez-Losada



¿Qué es el PLE (personal learning environment), o nuestro entorno personal de aprendizaje? es el conjunto de herramientas que las redes sociales e internet ponen a nuestra disposición para obtener información actualizada y de forma ágil, que nos sirvan para desarrollar nuestras competencias en el sentido que nosotros queramos dirigir la adquisición de las mismas. El objetivo de un PLE es APRENDER, y teniendo en cuenta la cantidad de fuentes de información que la red pone a nuestra disposición, y la velocidad a la que se actualizan y se alimentan con nuevas entradas, el método de aprendizaje actual no puede ser estático sino que debe adaptarse a estos cambios constantes, por lo que nuestro PLE es algo vivo y dinámico, en constante movimiento.

Nuestro PLE es el conjunto de herramientas que nos permiten estar al día en los temas de nuestro interés, y conocer opiniones y publicaciones de las comunidades que elijamos relacionadas con la materia. Nos permite buscar información, seleccionarla, distribuirla eligiendo con quién y dónde la compartimos, y por último almacenarla y organizarla de manera que nos permita un acceso fácil y rápido con el objetivo constante de APRENDER.

Cada PLE es diferente, y está formado por aquellas redes sociales, herramientas y servicios que cada individuo escoge según los temas en los que quiera profundizar o estar al día, y cuyo contenido puede compartir con las comunidades elegidas de manera que puedan aportarle también opiniones, sugerencias o nuevos contenidos.

Todas las herramientas que componen mi PLE tienen que servir como motor de búsqueda de información, me ayudarán también a publicar mis propios contenidos o los de otros, puede contener herramientas de diseño que me permitan crear contenidos atractivos, comunicarme de forma efectiva y por supuesto son muy útiles a la hora de organizar y almacenar el maremagnum de información al que estamos expuestos en la red.



Ahí va un esquema de mi PLE actual, pendiente de muchas mejoras...

PInchar en la imagen para ampliar
Feedly me ha gustado, aunque no soy una navegante avezada por las redes, está claro que después de #Carpaga acabaré siendo por lo menos una humilde iniciada... Como decía, feedly me parece muy útil si se tiene hábito de navegar y se tienen los objetivos claros, porque ayuda a tener todas las páginas de tu interés en un mismo sitio, actualizadas y organizadas por categorías. Entiendo que ahorra tiempo, y permite estar al día de los sitios web elegidos, facilitando el vistazo rápido.


Scoop.it es otra herramienta de curación de contenidos, que nos permite seleccionar aquellas entradas en la red que nos llamen la atención o nos interesen, y poder agruparlas por temas o TOPICS. Desde scoop.it podemos compartir todo aquello que vamos seleccionando y destacando en nuestro "miniblog de intereses". 

Captura de pantalla 2017-10-19 18.34.33.png

Diseñar mi PLE no ha hecho más que empezar, es un trabajo importante ahora al principio, pero que estoy segura que llegará a convertirse en parte de mi mochila laboral, y que sin duda me ayudará a desempeñar mucho mejor cualquiera que sea la actividad que lleve a cabo. 

Hay tantas cosas, tantas redes, tantas herramientas, y es tan fácil el acceso que no sólo he aprendido lo que significa la infoxicación, sino que la estoy padeciendo...! De todos modos, aprenderé a curarme, y no hay otra cura que la curación de contenidos...

El camino es el entrenamiento diario, la paciencia y la perseverancia hasta conseguir interiorizar todo este trabajo que ahora me supone un gran esfuerzo pero al que me tengo que habituar para conseguir interiorizarlo y que me "salga solo"

Y otra cosa, el PLE es volátil como las redes, cambiará constantemente en función de mis intereses y necesidades, de mi habilidad de utilizar las herramientas, y de la velocidad con la que surjan herramientas nuevas!! así que más vale acostumbrarse...

martes, 3 de outubro de 2017

Resumo e reflexión sobre o Marco Conceptual da Orientación Laboral

  Como o seu propio nome indica, este primeiro módulo do Posgrao de Especialización en Orientación Laboral trata de facer un "marco", un encuadre da orientación laboral.

    De aí que empecemos por contextualizar o Sistema Nacional de Emprego integrado polo Sistema de Emprego Público Estatal (SEPE) e os Sistemas Públicos de Emprego das diferentes Comunidades Autónomas, en Galicia, concretamente o Sistema Público de Emprego de Galicia, o SPEG.
A competencia lexislativa sobre Emprego a ten o Estado (políticas pasivas, centradas principalmente na protección por desemprego), sen prexuizo de que son as CC.AA. as que teñen cedidas as competencias nesta materia e as que realizan a execución das mesmas (políticas activas en emprego, en formación e en orientación laboral).

   Pero como formamos parte da Unión Europea, tamén ésta ten competencia complementaria á dos Estados Membros, co obxectivo de elaborar unha estratexia común a todos eles e facer unhas directrices. A estratexia actual é a chamada Estratexia 2020 que se basea en 3 eixos esenciais: un crecemento intelixente, sustentable e integrador, dando un novo papel á Orientación Laboral, que é a Orientación Laboral Aberta, máis cerca das e dos usuarios que a demandan e centrada nas persoas, que se resume na seguinte imaxe:

Mayte Deus Trasobares. Módulo 1. Posgrao de Especialización en O.L. (2017)

    O Mercado Laboral está baseado na oferta e na demanda de traballo. Como lega en economía, chamoume a atención que sobre todo sexan os salarios os que determinen o equilibrio de dito mercado, do paro e por suposto da economía global.

     Deste tema máis ca un resumo, me gustaría facer unha reflexión, que esbozou Fernando Agulló na súa ponencia. "Necesitamos un cambio no modelo produtivo, que vén dado por un cambio tamén no modelo educativo". Veume á cabeza un vídeo que pode resumir un pouco o que eu entendo sobre este plantexamento de Fernando:


   
    É necesario un cambio de "sistemas" para poder empoderarnos e emprender sen medo, aprender a desenvolver a nosa creatividade que nos leve a ter ideas, e que unha delas poida convertirse nunha idea de negocio, innovadora e socialmente responsable, e que poida ser desenvolta nun CANVAS (ou modelo de negocio) e finalizar nun plan de empresa viable. Pero esto o falaremos máis adiante.

   O visto ata agora entronca co seguinte tema que trata sobre a Certificación e a Formación Profesional. A estrutura da F.P. divídese en 2 subsistemas: F.P. regrada ou inicial e a formación para o emprego. Como orientadores laborais, debemos coñecer os itinerarios de ambos subsistemas pero por falta de espazo e como a miña rama profesional é a Educación, vou facer fincapé, como fixo a experta, Elena González de la Cámara, en varios conceptos que me parecen esenciais. Estes conceptos son os de:
  • Cualificación profesional: Conxunto de competencias profesionais que permiten dar resposta a ocupacións e postos de traballo con valor no mercado laboral, e que poden adquirirse a través de formación ou por experiencia laboral. Mídense por estándares oficiais. 
  • Competencia profesional: Conxunto de coñecementos e capacidades que permiten o exercicio da actividade profesional conforme ás esixencias da produción e da ocupación.
  • Competencia: Conxunto de capacidades, habilidades, condutas e actitudes  necesarias para dar resposta con éxito ás esixencias que os diferentes contextos da vida cotiá, entre eles o profesional, nos demandan.
  • Competencias clave: Competencias que permiten ás persoas adaptarse a un mercado laboral cambiante, permiten a flexibilidade e a mobilidade profesional.
   Xa no ano 1996, un Informe da Comisión Internacional sobre a Educación para o S. XXI á UNESCO, denominado "La educación encierra un Tesoro", centraba a súa atención nuns pilares básicos para a Educación, moi relacionados cos termos de Competencia e Competencias Clave, como podemos ver na seguinte imaxe: 

    
      Como adiantei antes, dende Europa echegan directrices para o fomento do emprego ós Estados Membros. A política social e de emprego da Unión Europea non só consiste nesas directrices senon en moitas máis estructuras, servizos e tamén os Fondos Estructurais, sendo o Fondo Social Europeo o más coñecido, ou non, xa que me sorprendeu en que consiste realmente (eu pensaba só consistía na financiación de formación). En realidade é o principal instrumento co que conta Europa para fomentar o emprego pero tamén a inclusión social, das mulleres por exemplo, de axudar a outros colectivos para a súa inclusión a través da igualdade de oportunidades por exemplo de emigrantes, ou de facilitar as redes transnacionais para a colaboración entre os distintos Estados, servíndose do cofinanciamento de moito máis que procesos de formación.


   Para poder mellorar o noso modelo produtivo, como xa dixemos antes, debemos facilitar a Iniciativa Emprendedora coma unha forma máis de acceder ó Mercado de Traballo. Segundo as estatísticas, España non é un país emprededor, seguramente porque tiñamos fácil acceso ó mercado de traballo de empresas de baixa cualificación centrado principalmente na constución (durante a burbulla inmobiliaria) e na hostelería (polo turismo crecente), e polas carencias do noso Sistema Educativo mencionadas no vídeo. A todo isto hai que engadir, a falta de financiamento e o exceso de burocracia, así como a pouca flexibilidade do réxime de traballadores autónomos e das PEMES.

   O que me levo deste tema, ademáis do traballo en Equipo creando o nosa idea empresarial a través do Modelo CANVAS, "A HORTA NA PORTA", é o coñecemento máis a fondo da Economía Social, ese tecido empresarial que persigue un interés económico e á vez social, e que fai primar a persoa por enriba do capital. O progreso empresarial e social é posible ó mesmo tempo.

    Non sei se esta entrada é un bo resumo dos módulos vistos, pero a miña valoración persoal destes 5 temas é moi positiva, xa que me axudaron a ver que estou no "camiño" que quería. Que me falta moito por aprender sobre Orientación Laboral Aberta, pero que o esforzo que estou a facer vale a pena, e que sairei do Posgrao con moitas máis "competencias" das que tiña ó entrar no CNTG o día 1 de setembro de 2017, tanto a nivel persoal coma profesional.

    Pero aínda estamos empezando... ¿CÓMO SE COME UN ELEFANTE?... A trociños... E neso estamos.



Para saber máis...

Servizo Público de Emprego
Mercado Laboral
Informe Delors
Fundación Estatal para la Formación en el Empleo
Galicia Emprende
Economía Social

luns, 2 de outubro de 2017

Resumo do Módulo 1. Marco Conceptual da Orientación Laboral

No módulo 1 do Postgrado de Especialización en Orientación Laboral tratase o Marco Conceptual da Orientación Laboral que consta de cinco temas como mostra a seguinte imaxe:
Temas módulo 1


RESUMO MODULO 1: MARCO CONCEPTUAL
Autora: Mariana Rodriguez-Losada


TEMA 1. MARCO DE REFERENCIA DA ORIENTACIÓN LABORAL ABERTA

O Sistema Nacional de Emprego é o conxunto de medidas, estruturas e accións encaminadas a promover e desenvolver a política de emprego. Está integrado por:

Servicio Público de Emprego Estatal (SEPE). Organismo autónomo, cunha estrutura central e unha estrutura orgánica periférica, encargado da creación, desenvolvemento e seguimento das Políticas de Emprego, así como da coordinación entre todos os axentes do mercado de traballo. Ocúpase da Lexislación laboral, bases e planificación económica, e xestiona directamente as Políticas Pasivas de empleo.

Servicio Público de Emprego de Galicia (SPEG). Ocúpase das Políticas Activas de Emprego, que lle foron transferidas no ano 97, para axustarse mellor ás diferentes realidades territoriais en cada comunidade Autónoma.


Política de Emprego en España e en Europa:

En España, faise unha reforma do mercado laboral en 2013 cunhas medidas urxentes adicionais de fomento de contratación e de creación de emprego. Faise un novo enfoque estratéxico das Políticas activas de emprego, no que se persigue encaixar a competencia normativa (Estado) coa execución das mesmas (CCAA):

Plan Anual de Política de Emprego 2016 (PAPE)
A Estratexia de Activación para o Emprego. Configúrase como o primeiro instrumento de coordinación de Sistema nacional de Emprego
PNR: Plan Nacional de Reformas del Reino de España 2017

En Europa:

A Estratexia Europea de Emprego 2020; proporciona un marco que permite ós países da UE compartir información, e debatir e coordinar as suas políticas de emprego. Un Comité elabora o paquete de medidas de emprego para todos os países da UE.
Ambitos de desenvolvemento das políticas activas de emprego: Existe unha Estratexia Común 2020 baseada en Prioridades (crecemento intelixente, sustentable e integrador), Obxectivos e Financiamento a través de dous Fondos Estruturais (FEDER e FSE)


TEMA 2. O MERCADO LABORAL

Mercado de traballo e a resultante das interaccións entre duas variables: a oferta e a demanda de traballo. A oferta de traballo ven determinada pola poboación disponible para ofrecer servicios como traballadores, polo tanto estará composta pola poboación activa (mayor de 16 anos)= ocupados+parados. A demanda de traballo é a cantidade de traballadores que as empresas están dispostas a contratar.

Indicadores

EPA ou enquisa de poboación activa mide a cantidade de persoas en diferente situación en relación ó mercado de traballo. As persoas ocupadas poden ser por conta propia ou por conta allea, a tempo completo ou a tempo parcial. As persoas paradas son as maiores de 16 anos en búsqueda activa de empleo que non consiguen unha ocupación. As persoas inactivas son o resto.
Taxa de actividade é o cociente entre poboación activa e poboación en idade de traballar.
Taxa de paro é o cociente entre poboación desempregada e poboación activa
Taxa de Emprego é o cociente entre poboación ocupada o poboación en idade de traballar

Desemprego: Concepto e tipos

A definición de parado dende o ano 2002 implica que a persona inscrita como demandante de empleo por máis de tres meses, tamén cumpre os requisitos esixidos para a procura activa de emprego. Si non é así se lle considera inactiva, non parada.


Os tipos de paro son:

Para ampliar imaxe clicka nela


Mercado de traballo actual

É importante coñecer o funcionamento do mercado laboral da zona e do comportamento das ocupacións, para poder tomar unha decisión en relación ao obxectivo profesional que se busque. Para ello debemos coñecer ben os factores que inciden diretamente nel.
Instrumentos e ferramentas para o estudo do Mercado de traballo: Observatorio Ocupacional del Servicio Público de Emprego Estatal, Observatorio Ocupacional del Servicio Público de Emprego de galicia, Observatorio Europeo de Emprego, A Prospección do mercado de traballo no propio territorio.

Cómo e onde traballar:
O traballo por conta allea, pode ser para a Administración Pública ou empresa Pública, e para a Empresa Privada. Existen uns requisitos para acceder á función pública, e uns sistemas de acceso moi concretos e regulados. Os empregados públicos poden ser funcionario de carrera, funcionario interino, persoal laboral ou persoal eventual.
As empresas privadas son outra opción xeradora de emprego e tamén o traballo por conta propia ou autónomo.
Existen numerosa axudas e subvencións tanto para empresas privadas como para autónomos, que é importante coñecer para poder asesorar no noso traballo de orientador laboral.


TEMA 3: CERTIFICACIÓN E FORMACIÓN PROFESIONAL

Cualificación frente a Competencia


A Competencia Profesional é o conxunto de coñecementos e capacidades que permiten o exercicio dunha actividade profesional. A Cualificación profesional é o conxunto de competencias profesionais que poden ser obtidas ben pola experiencia laboral, ben pola formación. A unidade de competencia é o agregado mínimo de competencias profesionais susceptible de recoñecemento ou acreditación parcial, cada unidade leva asociado un módulo formativo.

O Sistema Nacional de Cualificacións (SNCFP). 

O Instituto Nacional de Cualificacións (INCUAL) é o responsable de definir, elaborar e manter actualizado o Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais e o correspondente Catálogo Modular da Formación Profesional. As Cualificacións agrúpanse en 26 familias (sectores das actividades económicas que abordan) e 5 niveis
Marco europeo das Cualificacións (EQF): É un marco comun de referencia que relaciona entre sí os sistemas de Cualificacións dos paises e serve de mecanismo de conversión, coa finalidade de facilitar a movilidade de traballadores entre países e o acceso á aprendizaxe permanente

O Instituto Galego das Cualificacións: Será o responsable de velar en Galicia pola Xestión do Sistema Nacional de Cualificacións e o responsable da acreditación das Competencias profesionais recoñecidas a través da experiencia laboral ou doutras vias non formais. O procededmento constará de 3 fases: Asesoramento, Avaliación e Acreditación da competencia profesional.

Certificados de Profesionalidade. Formación para o Emprego. Son os instrumento de acreditación oficial das cualificacións profesionais. Permiten certificar, de maneira homoxénea as competencias adquiridas a través da experiencia ou da formación. Estruturase en dous grandes bloques: O referente profesional, que é a descripción da ocupación, e o referente formativo que é a descrición formativa que capacitaría para o desempeño da ocupación.




TEMA 4: POLÍTICA SOCIAL E DE EMPREGO NA UE

A mobilidade dos traballadores. Rede Eures


Unha das catro liberdades que gozan os cidadáns da Unión Europea é a libre circulación dos traballadores, que inclúe o dereito a desplazamento e residencia, dereito de entrada e residencia de familiares e dereito de traballar. Todo ciudadano da UE ten dereito a: Procurar emprego en calquera país da UE, recibir a mesma axuda que os cidadáns daquel país, quedar no país elexido o tempo suficente para buscar emprego, presentar a sua candidatura e ser contratado.

A rede EURES é o portal da mobilidade profesional, creado en 1993, conta cunha rede humana de máis de 850 conselleiros EURES en toda Europa. A súa labor adquire especial relevancia nas zonas transfronteirizas, onde máis de 600.000 traballadores que viven nun estado membro de UE traballan noutro, e atópanse a diario con obstáculos á mobilidade de carácter administrativo, xurídico ou fiscal. A rede consta de máis de 5.000 oficinas, con máis de 100.000 traballadores cuxa misión é a información e apoio tanto a traballadores como empresas para a búsqueda de emprego e contratación de persoal. EPSO es la Oficina Europea de Selección de personal que canaliza la selección de personal para trabajar en las Instituciones de la Unión Europea. A rede EURAXESS é o portal que apoya ós investigadores independentemente da sua especialidade, nacionalidade ou destino en cuestiones administrativas importantes á hora de xestionar o seu traslado.



Para ampliar imaxe clicka nela



TEMA 5: A INICIATIVA EMPRENDEDORA COMO FORMA DE ACCESO AO MERCADO LABORAL

O EMPRENDEMENTO E OS BENEFICIOS SOCIAIS DA CREACIÓN DE EMPRESAS E DO EMPRENDIMENTO SOCIAL

O Contexto da dinámica emprendedora
España é históricamente un país cunha cultura pouco emprendedora y poco valorada socialmente. Para fortalecer o emprendemento é necesario:

• Incidir na educación e na formación coa implantación de materias que fomenten o espítitu emprendedor xa dende a etapa escolar
• Mellorar a falta de acceso ao financiamento
• A reducción de trámites
• Formación específica para recoñecemento de oportunidades.
Os países máis emprendedores o lograron a través de actuacións políticas encamiñadas a lograr unha concepción do emprendemento empresarial como unha disciplina metodolóxica e como un valor cultural da sociedade. É fundamental fomentar a cultura emprendedora e que ésta sexa valorada socialmente. Esta cultura ten que nacer da base, do noso sistema educativo, que consiga transmitir e resaltar as actitudes apropiadas para o emprendemento: creatividade, automotivación, a procura de oportunidades, a resolución de problemas e a resiliencia.

O Emprendemento Social.

As empresas da Economía Social xorden para cubrir necesidades e non para obter máximos beneficios, ademáis atópanse firmemente enraizadas no territorio no que se enclavan. Son as cooperativas, as Sociedais laborais, os Centros especiais de emprego, as empresas de insercion, as cofrarías de pescadores, as Asociacións e as Fundacións.
Posúen tres características esenciais: compromiso social, contribución á xeración de emprego e o seu arraigo territorial.

Contribúen a xeración de riqueza de forma sustentable, desenvolvendo sectores socialmente necesarios, prevalecendo o mantemento da empresa e do emprego sobre outras consideraciones empresariais.

A CREACIÓN DE EMPRESAS 


Hai numerosas medidas tendentes a fomentar a creación de empresas e o autoemprego, pero non é suficiente, é necesaria a formación nas habilidades e competencias requeridas en xestión de empresas, para que estas sexan máis exitosas, para asegurar a sua supervivencia.

Os elementos claves da Iniciativa emprendedora son A IDEA, que responde a Qué actividade emprender?, A PERSOA EMPRENDEDORA, que responde a Quén? e Por qué?, e o PLAN DE EMPRESA, que responde al Cómo?.
Para o plan de empresa é una boa axuda comezar co método Canvas, que nos facilitará una visión global de todolos factores que temos que ter en conta na nosa idea de negocio, para despois ir analizando detidamente cadanseu, e desenvolver logo o plan de empresa
Para ampliar imaxe clicka nela


Dende o punto de vista da labor orientadora, é importante de cara a axudar ó novo emprendedor/a, ter en conta todas as características desexables que debe ter a persoa emprendedora, as suas motivacións, e a misión de su idea emprendedora. Tamén é importante facerlle ver non só as ventaxas de emprender, senon tamén os incovenientes, para que chegado o momento estea preparado/a para afrontalos desde a realidade, sin quitarlle por iso o entusiasmo necesario para o emprendimento.


VALORACIÓN:

Considero que o contido deste módulo 1 nos facilita unha guía de ferramentas moi variadas e enriquecedoras para o exercicio da labor de orientación para os variados perfis de usuarios que sin duda podemos atopar no exercicio da nosa labor. Por un lado, as ferramentas TICs esenciales hoxe en dia para poder facer unha búsqueda efectiva de emprego, tamén se nos suliña a importancia de coñecer o mercado de traballo do noso contorno, para poder asesorar ós diferentes usuarios na procura das mellores oportunidades según as características de cadanseu, nos acerca tamén ó complexo entramado das certificacións e a formación profesional, aportándonos un alicerce sobre o que sin duda traballaremos con moitos usuarios, tamén nos aporta unha guía das axudas e plataformas da UE coa que poderemos asesorar a todas aquelas persoas interesadas en su movilidad laboral por los paises da UE, e por último nos facilita o asesoramento a aquelas persoas que poidan estar interesadas en desarrollar a sua propia idea de negocio.








PARA SABER MAIS: 

Resumo do Marco Conceptual da Orientación Laboral - Módulo I

Nesta nova entrada do blogue realizarei un pequeño resumo dos contidos do Módulo I e nalgúns casos unha valoración ou reflexión da propia materia. Co fin de que a lectura sexa o máis amena e cómoda posible, estructurarei os resumos segundo tema, sendo así tamen máis facil atopar a materia da que imos falar a continuación.