No módulo 3 do Postgrado de Especialización en Orientación Laboral tratase o Marco Instrumental da Orientación Laboral no que se profundiza no traballo do orientador laboral tocando os seguintes puntos:
Intermediación laboral
Itinerarios de Inserción
Procesos individuais de orientación e axuda na toma de decisións
Análise de perfís profesionais e prospección de emprego
Técnicas e ferramentas para o acceso ao emprego e o autoemprego
Recoñezo que esta tarefa foi un novo reto para mín, e que o resultado estivo moi influenciado polas sesións presenciais do Posgrao en Orientación Laboral ás que non puiden asistir por motivos persoais. Foron 3 días, pero para poder seguir os temas e poder facer un bo traballo neste resumo do Módulo, pero o vou intentar igualmente.
Esta vez vou a priorizar os temas que considero son de interés ou destacables de cada tema. Espero estea á altura dos avezados lectores/as:
Do Tema 11, centrado na Intermediación laboral destacaría que existen distintos Modelos de Intervención dentro da orientación laboral (didáctico, de asesoramento e centrado en recursos) todos eles válidos á hora do traballo aínda que o ideal é a integración dos tres modelos nun mesmo marco de intervención xa que o persoal técnico ten que adaptarse ás situacións das persoas desempregadas que con distintas actitudes, aptitudes, obxectivos, etc. acoden ó Servizo de Orientación Laboral para mellorar na súa procura de emprego. Estes modelos no son ríxidos, senon que deben utilizarse con flexibilidade e de forma complementaria para cada persoa e situación.
O que sí debemos ter claro como Orientadoras/es son uns principios básicos da Orientación Laboral que son tamén 3:
- Individualización: A persoa orientada é a protagonista deste proceso e o mesmo debe adaptarse a ela.
- Flexibilidade: A realidade é cambiante e polo tanto o proceso de Orientación debe ser flexible a novas situacións, a novas actividades, e adaptable no seu percorrido.
- Desenvolvemento da Autonomía: A idea é dalgunha forma é "despertar" os recursos que xa posúe a persoa orientada, ou o desenvolvemento dos mesmos.
Como se soe dicir, " o papel o soporta todo" e é ben certo cando se fala da inserción laboral de colectivos en risco ou vulnerabilidade ou en exclusión social, xa que neste caso os obstáculos e as barreiras a saltar son dobres e precisamos dunha inserción social e unha inserción laboral, non sabendo moi ben cal pode vir primeiro, en determinados casos. A idea principal é favorecer o acceso ó emprego das persoas máis vulnerables,sendo as persoas con diversidade funcional humana as máis afectadas como colectivo (tal e como mostra a táboa), mellorando as súas capacidades persoais e profesionais, xa que o emprego sen dúbida ten funcións integradoras a nivel persoal e social.
Fundación Randstad. Datos publicados SEPE. Estatísticas de contratos. Anos 2015 e 2016
Do Tema 12, que trata os Itinerarios de Inserción, comezaría cunha definición dos mesmos como un conxunto de accións que se organizan nun proceso personalizado e lóxico que ten como obxectivos a inserción sociolaboral e o desenvolvemento profesional dos usuarios e usuarias que participan no mesmo, especialmente a través da información e o asesoramento individual e grupal e coa participación doutras áreas do campo da inserción sociolaboral. É tamén unha metodoloxía de actuación dos Servizos Púbricos de Emprego, os SS.SS. e os Servizos de Inserción Laboral.
Todo itinerario consta de unha fase de diagnóstico individualizado, unha intervención orientadora con diversas actividades (individuais ou grupais) e unha supervisión e avalición continua.
Coma unha imaxe vale máis que mil palabras, aquí vos deixo esta que creo resume mellor este tema:
Relatorio Mayte Deus. Posgrao en Orientación Laboral.
Para máis información sobre este tema, podedes consultar outra entrada deste blog, relacionada cos IPIS (Ver entrada).
Dotema 13, que se centra nos Procesos individuais de Orientación e axudas na toma de decisións, o tema esencial que se desenvolve é o da entrevista. No seguinte vídeo podemos ver de maneira un tanto cómica, algúns dos erros que se poden cometer nunha entrevista de traballo, e que debe ser un tema a traballar no proceso de Orientación Laboral. Un tema básico.
Coma o tema da entrevista é "archicoñecida" me gustaría por o foco nun tema moi importante que cada vez obtén máis importancia nos procesos laborais, que é o da linguaxe non verbal na entrevista. Ésta fai referencia a como nos comunicamos, pero non ás verbas, senon á forma de usalas e actuar cando falamos, e que contén moita información, ou máis que a propia linguaxe verbal.
Son importantes temas como: a forma de saudar, a expresión facial, o sorriso, o contacto visual co entrevistador/a, respeta o espazo vital da outra persoa, a túa postura na silla, o uso das máns para acompañar á fala... De nada sirve que digamos unha cousa que se esté a contradecir coa nosa linguaxe corporal.
Do tema 14, centrado na Análise de perfís profesionais e prospección de emprego. Unha das tarefas fundamentais das persoas que se adican á Orientación Laboral, é o coñecemento dos postos de traballo existentes, e facilitar a análise dos mesmos pola persoa usuaria. Pode ser un traballo importante para o/a usuario/a que busque información sobre as ocupacións ás que quere accecer e identifique as principais características que ofrecen, e tamén, as que demandan nesa ocupación concreta. Esta información é o punto de partida doutras actuacións do seu proceso de Orientación e procura activa de emprego, como son o CV, a carta de presentación, e a entrevista. Neste caso, como en todos os outros campos, "a información é poder".
A información que debería recoller é variada e ten que ver con:
- As funcións e as tarefas que se levan a cabo na ocupación.
- Tecnoloxías ou ferramentas utilizadas.
- Certificados ou formación necesaria.
- Etc.
As competencias necesarias para o posto de traballo, tendo en conta que son as capacidades que posibilitan o bo cumprimento dunha ocupación, que se adquiren mediante a formación ou a experiencia laboral, e incluso, a partir das experiencias vitais persoais, que se poidan extrapolar ó entorno laboral.
Parte infografía. Competencias. Creación propia.
No Tema 15, que trata as Técnicas e ferramentas para o acceso ó emprego e o autoemprego. Entre esas ferramentas para a procura de emprego e a traballar na intermediación laboral coas personas usuarias, temos o CV, a carta de presentación, as entrevistas de selección e outras probas. É importante traballar estas ferramentas tanto dende a visión da persoa que busca o emprego e o empregador/a.
Outras técnicas máis innovadoras e que teñen que ser coñecidas polos/as Orientadores/as Laborais son o Vídeocurrículum, ou Currículum Creativo, os blogues profesionais, os portfolios dixitais...
Deixo aquí un enlace que trata moitos destes temas para non extenderme moito nesta entrada, con Información Necesaria.
No Tema 16, que se centra no Plan de Empresa. A Orientación Laboral soe centrarse principalmente na busca de emprego por conta allea, e non tanto no autoemprego ou o emprendemento, como forma de sair do desemprego. É un proceso que non é sinxelo, pero existen documentos que nos facilitan o traballo que nos permiten desenvolver e darlle forma á nosa idea. Se trata de reflexionar sobre as cuestións esencias do funcionamiento da nova empresa.
Existen moitos modelos documentos para o Plan de Negocio, pero ten que unhas partes diferenciadas:
1. Índice.
2. Estudo de mercado (analízase a oferta e a demanda para coñecer a resposta do mercado ante un produto ou servizo).
3. Plan comercial (obxectivos de ventas e cuantificación das mesmas).
4. Plan de organización e RR.HH (analízase todo o que ten que ver co persoal da empresa).
5 Aspectos legais (todo o relacionado coa lexislación aplicable ó sector e a forma xurídica da empresa).
6. Estudo económico-financiero (facer un plan a longo prazo da liquidez da empresa).
7. Viabilidade do proxecto.
8. Resumo executivo.
9. Anexos (se os hubera).
Para poder ter un exemplo de Plan de Negocio, e que non desistiramos no intento, Fernando Agulló nos facilitou un caso real: